O soño sulagado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 4:
==Contexto histórico==
 
''O soño sulagado'' foi creado no clima da posguerra, no cal o [[galeguismo (política)|galeguismo]] cultural e político unicamente resistiu en pequenos núcleos clandestinos. Na década dos 50, o réxime [[franquismo|franquista]] consolídase ao abeiro do reparto de poder dos bloques e o horizonte dunha loita política galeguista semella esmorecer. Isto provoca que o movemento galeguista se desprace cara posicións netamente culturais, dando lugar, por exemplo, á fundación da [[Editorial Galaxia]] no [[1950]].<ref>[[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego, F.]] (1990), ''O río do tempo'', [[Ediciós do Castro]], páxs. 139 - 146 e 205 - 212</ref><ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páxs. 25 - 26</ref>
 
É este un período de pesimismo, de fondo [[existencialismo]] e dun intenso malestar social e cultural. Porén, a poesía galega de posguerra continúa as direccións menos conflitivas da poesía galega de preguerra.<ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páx. 26</ref>. O [[neotrobadorismo]] de [[Álvaro Cunqueiro]] e a [[lírica]] da paisaxe de [[Noriega Varela]] e [[Iglesia Alvariño]] dominan o panorama poético da época. Mención aparte merece a produción de [[Luís Pimentel]], situado entre o intimismo existencial e o [[simbolismo]]. Pero é Celso Emilio o único poeta que define neste contexto unha poética social ou comprometida, sendo ''O soño sulagado'' o seu verdadeiro punto de partida.<ref>[[Ramiro Fonte|Fonte, R.]] (1998). Introdución en Ferreiro, C. E. ''O soño sulagado'', 5ª ed., [[Edicións Xerais]], páxs. 29 - 30</ref>