Diferenzas entre revisións de «Escrita»

m
m (r2.7.1) (Bot: Engado: kk:Жазу)
O paso seguinte deuse ao abstraer o son puro dun signo prescindindo do contido semántico da figura. O sumerio era unha lingua eminentemente mono[[sílaba|silábica]], co que se obtivo un repertorio extenso de sílabas puras, ou ''silabogramas''. Estes signos podíanse ler como representación de obxectos ou ben para representar palabras dificilmente representábeis mediante logogramas, como os nomes abstractos e verbos de difícil representación. Cos silabogramas resultaban máis difíciles de memorizar, pero eran máis flexíbeis á hora de codificar a linguaxe, o que favoreceu que se reducise o seu número. Na época de [[Gamdat Nasr]] (arredor do ano -3000), usábase xa o mesmo conxunto de signos de maneira uniforme en todo o sur da [[Babilonia]].
 
Se nun principio a escrita acompañaba exclusivamente a cultura oral e se reducía a mensaxes simples que anotaban unicamente os datos esenciais dun proceso, cos silabogramas foi posíbel escribir textos moito máis complexos, como himnos, proverbios e conxuros máxicos. En volta do -2300, xa se plasmaban co mesmo repertorio de signos os matices [[morfoloxíaMorfoloxía (lingüística)|morfolóxicos]] e [[sintaxe|sintácticos]] de tres linguas diferentes, o [[Lingua eblaíta|siro-eblaíta]], o [[lingua sumeria|sumerio]] e o [[Lingua acadia|acadio antigo]].
 
A escrita [[cuneiforme]]] foi un desenvolvemento forzado pola utilización dun punzón de cana ou de folla de cana sobre as tabelas de arxila. Estas representacións adoptaban a forma de liñas rectas e difundíronse moi rapidamente. Os documentos importantes ían sempre autentificados por medio de un ou varios selos.
102.516

edicións