Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: corrixo homónimo
Liña 19:
 
== Traxectoria ==
Tras cursar estudos en [[Ferreira, O Valadouro|Ferreira do Valadouro]] e [[Lugo]], Miro emigrou a Barcelona en [[1964]], cidade onde rematou o bacharelato e estudou na Escola de Arquitectos Técnicos. Aínda que o seu interese pola música é temperán, a experiencia catalá meteuno en contacto co movemento da [[Nova Cançó]], que o marcou profundamente. O seu debut musical aconteceu no ano [[1967]] nesa cidade, acompañando a cantantes da [[Nova Cançó]] Catalá. Foi tamén en [[Cataluña]] onde gravou os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta:'' Miro canta as súas cancións'' e ''Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer''. Ambos os dous traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo [[Voces Ceibes]] tivo lugar a mediados do ano [[1968]], cando [[Benedicto García Villar|Benedicto]] e [[Xerardo Moscoso]] acudiron á capital catalá co gallo de gravaren os seus primeiros traballos. Miro integrouse no colectivo e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en [[Santiago de Compostela|Compostela]], o [[1 de decembro]] daquel mesmo ano. Porén, o feito de continuar vivindo en Barcelona afastouno da meirande parte das súas actividades, sendo a longo prazo un dos factores da disolución do mesmo<ref>''Voces Ceibes''; Autor: Vicente Araguas; Editorial: Xerais, 1991.</ref>. No ano 1969 coñeceu en Barcelona a [[Paco Ibáñez]], con quen tivo unha longa amizade e ao que acompañou nos anos vindeiros en xiras polo [[Francia|Estado francés]]. En París coñeceu tamén ao cantor portugués exiliado [[Luís Cília]] con quen, nos seguintes anos, tocou en [[Galiza]] e no resto do [[España|Estado español]].
 
No ano [[1970]] participou no I [[Festival da Canción Ibérica]], xunto con [[Paco Ibáñez]], [[Luís Cília]], [[Xavier Ribalta]], e [[José Afonso]]. Tamén nese mesmo ano tocou en [[París]] na Festa da Humanité, a festa do [[Partido Comunista de Francia]], onde actuaron tamén figuras como [[Georges Moustaki]], [[Paco Ibáñez]] ou [[Joan Baez]].