Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
nome = Coalición Galega |
definición = Partido político de [[Galicia]]|
líder = [[José Domingo Posada González]] |
cor=blue|
logo = |
Liña 17:
 
==Coalición==
 
Naceu como coalición electoral para as [[Eleccións Municipais 1983 en Galicia|eleccións municipais de 1983]], presentouse o 18 de febreiro de 1983. Nela incorporáronse boa parte dos dirixentes (en especial [[Eulogio Gómez Franqueira]]) e partidos galegos, [[Partido Galego Independente]], [[Centristas de Ourense]], [[Converxencia de Independentes de Galicia]], procedentes da descomposición da [[UCD]] logo da súa desfeita nas [[eleccións xerais de 1982]]. Uníronse tamén sectores galeguistas, en especial o [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]]. O resultado das eleccións municipais de 1983, colocárona como a terceira forza política de Galicia a escasa distancia en número de concelleiros do PSOE. En efecto, se o PSOE obtiña 926, Coalición Galega obtiña 858. As preto das 50 alcaldías e os máis de 125.000 votos, supuñan un arranque prometedor.<ref>''A Gran Historia de Galicia'', XIV, volume 2, Ed. La Voz de Galicia, 2002, pax. 44.</ref>. A cuarta forza política, o [[BNG]] aparecía a moita distancia con 118 concelleiros.
 
Liña 23 ⟶ 22:
 
==Fundación do partido e escisión==
 
Os bos resultados das eleccións (125.000 votos) propiciaron que en [[1984]] se transformase nun partido político, de carácter nacionalista moderado nun congreso constituínte que se celebrou o 26 e 27 de maio e que elixiu presidente a [[Antonio Díaz Fuentes]] e secretario xeral a [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]]<ref>Manuel Anxo Fernández Baz ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Laivento, 2003, páx. 166</ref>; CG mantiña unha estrutura clientelar nas zonas rurais das provincias de [[provincia de Ourense|Ourense]] e [[provincia de Lugo|Lugo]], herdada da UCD{{cómpre referencia}}. Boa parte desta estrutura escindiríase coa marcha de Victorino Núñez. Tras a grave enfermidade de Franqueira, Victorino Núñez fundaba outro partido, [[Centristas de Galicia]], tamén nacionalista moderado pero disposto a entenderse con [[Manuel Fraga Iribarne]] e o seu refundado Partido Popular. A escisión progatonizada por Victorino Núñez, privaba a Coalición Galega da Deputación de Ourense que quedaba en máns de Centristas de Galicia.