Diferenzas entre revisións de «Isis»

Desfíxose a edición 2160303 de KamikazeBot (conversa)
m (r2.6.4) (Bot: Modifico: is:Ísis)
(Desfíxose a edición 2160303 de KamikazeBot (conversa))
 
'''Isis''' é unha [[deusa]] na [[mitoloxía exipcia]]. Era máis prominente mitolóxicamente como a esposa e irmá de [[Osiris]] e a [[nai]] de [[Horus]] e adorábaselle como a esposa e nai arquetípica. O seu nome exipcio é '''Ast''' que significa [[trono]], representado polo [[emblema]] que porta sobre a súa cabeza. Coñéceselle tamén como A Gran Maga, A Gran Deusa Nai, Raíña dos Deuses, A Forza Fecundadora da Natureza, Deusa da Maternidade e do Nacemento e como Señora das Pirámides en [[Giza]].
[[Ficheiro:Ägyptischer Maler um 1360 v. Chr. 001.jpg|right|290px|thumb|A deusa Isis, pintura mural, ca. 1360 adC.]]
 
== Iconografía ==
[[Ficheiro:Egypte louvre 029.jpg|right|150px|thumb|Isis nai]]
Isis é representada como muller co [[xeroglífico]] do "trono" ''Ast'' sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un tocado co disco solar, por ser filla de [[Ra (deus)|Ra]], o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de [[milano]], abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa maternidade. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.
 
 
Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da [[dinastía XVIII]] e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa [[Hathor]], xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o [[sistro]] e o [[menat]] (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o [[anj]] (ankh) e un bastón [[papiro|papiriforme]].
 
== Mitoloxía ==
sis, adaptadas posteriormente ao ritual católico.
[[Osiris]], irmán e esposo de Isis, reinaba no [[antigo Exipto]] con paz, harmonía e sabedoría. O [[Nilo]] fertilizaba a terra e as colleitas eran abundantes. Os seus súbditos eran felices.
Un día, Osiris saíu de viaxe para coñecer outras civilizacións e deixou o reino baixo o mando da súa esposa Isis. [[Seth]], o irmán envexoso, sentiuse humillado, pois cría que el debería gobernar e non Isis.
 
Cando o deus Osiris volveu, Seth quixo facer unha gran festa de benvida e lanzou un desafío aos invitados: aquel que entrase no cofre que Seth trouxera, este regaláballo como proba de fidelidade e respecto.
Moitos intentaron pero o cofre resultaba pequeno ou grande. Osiris, curioso, quixo probar e encaixoulle perfectamente ben. Seth sabía o tamaño do irmán e era por isto que o cofre serviulle como unha luva. Inmediatamente o irmán, xunto con 72 cómplices, pecharon a caixa de metal hermeticamente e arroxárona ao Nilo.
 
Isis, con amor e confianza, empezou a súa travesía tras o corpo do seu esposo. Logo de longas e penosas camiñadas por Exipto, a deusa atopa o cofre cos restos de Osiris. Pero o drama continúa cando Seth, na súa maldade sen fin, roubou o cadáver e cortouno en catorce pedazos que, novamente, esparció por todo o reino.
Isis non se rende e, en compañía da súa irmá [[Neftis]], a esposa de Seth, percorre cada lugar do reino. Finalmente conseguen atopar todos os pedazos con excepción do [[pene]]. Con todo Isis reconstruíu a Osiris, axudada por [[Anubis]] e Neftis, e ''impregnada'' del concibiu a [[Horus]] neno (Harpócrates), quen posteriormente vingaría ao seu pai loitando contra Seth.
 
== Titulaturas e epítetos de Isis ==
Algúns dos títulos que recibiu a deusa son: "A Gran Señora", "A deusa nai", "a Señora do Ceo, da Terra e do Inframundo" (en File), "Isis en todas as súas manifestacións", "Señora de Raanefer", "A raíña de Mesen", "Señora de Hebet", "Señora de Abaton", "Señora dos países do sur", "Señora das pirámides", "a divina, a única, a máis grande de entre os deuses e deusas, a raíña de todos os deuses", "o Ollo de Ra, a coroa de Ra-Heru, Sept", "Señora do Ano Novo..."
[[Ficheiro:Maler der Grabkammer des Thutmosis III. 001.jpg|right|180px|thumb|Tumba de [[Thutmose III]]: Isis con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón]]
 
== Culto ==
A súa orixe é incerto, pero se estima que veu do [[delta do Nilo]]. As primeiras mencións de Isis datan da [[dinastía V de Exipto]] na cal atópanse as primeiras inscricións literarias, pero o seu culto fíxose prominente máis tarde na historia exipcia, cando se empezaron a absorber e sincretizar os cultos doutras deusas. Co tempo expandiuse fóra de [[Exipto]], no [[Oriente Próximo]] e o [[Imperio romano]], coa construción de templos afastados dedicados a ela, como nas [[Illas Británicas]]. Ata o [[século VI]] puidéronse atopar rastros da súa adoración na [[Europa]] [[Cristianismo|crisitiana]].
 
O templo máis importante dedicado ao seu culto estaba na illa de [[File]]. En [[Dendera]] era exposta anualmente nun quiosco do templo de [[Hathor]], aos raios do Sol, para rexenerarse. En [[Giza]] foi venerada como "Señora das pirámides"
 
O seu culto propagouse por todo o [[Mediterráneo]], resistindo a expansión do cristianismo e mantívose no templo de [[File]] durante o [[Imperio Romano]] ata que foi prohibido en tempos de [[Xustiniano I]], no ano 535 ddC.
 
=== O culto a Isis en Hispania (España) ===
Hai evidencias do culto a Isis, transmitido por comerciantes, militares ou simples cidadáns gregos e romanos. Ao principio o seu veneración é popular para despois chegar ata as capas máis altas. Existiu un culto organizado, en Emérita Augusta ([[Mérida, España|Mérida]]), Igabrum ([[Cabra, Córdoba]]) e Valentia ([[Valencia]]) e devotos en Legio ([[León, España|León]]), Astúrica Augusta ([[Astorga]]), Acci ([[Guadix]]), Saguntum ([[Sagunto]]) e Tarraco ([[Tarragona]]). Os últimos documentos referentes ao culto a Isis en Hispania datan da primeira metade do século III ddC.
 
O cristianismo adoptou o culto a Isis "deusa da maternidade" asimilándoa á [[Virxe María]], cuxas maternais e protectoras imaxes están inspiradas na súa iconografía. As ''Virxes Negras'' son consideradas antigas imaxes de Isis, adaptadas posteriormente ao ritual católico.
 
<hiero>-st-t:H8-.-st-t:.-B1-.-st-t:H8-B1-.-st-t:y-I12</hiero>
* [[Osiris]]
* [[Horus]]
 
[[Categoría:Deuses exipcios]]
 
[[als:Isis]]
[[ar:إيزيس]]
[[arz:ايزيس]]
[[az:İsida]]
[[be:Ісіда]]
[[bg:Изида]]
[[bn:আইসিস]]
[[bo:དབྱི་ཞི་སི།]]
[[br:Isis]]
[[bs:Izida]]
[[ca:Isis]]
[[cs:Eset]]
[[cy:Isis]]
[[da:Isis]]
[[de:Isis (Ägyptische Mythologie)]]
[[el:Ίσις]]
[[en:Isis]]
[[eo:Iziso]]
[[es:Isis]]
[[et:Isis]]
[[eu:Isis]]
[[fa:ایزیس]]
[[fi:Isis]]
[[fr:Isis]]
[[fy:Isis]]
[[he:איזיס]]
[[hi:ईसिस]]
[[hr:Izida]]
[[hu:Ízisz]]
[[id:Isis]]
[[is:Ísis]]
[[it:Iside]]
[[ja:イシス]]
[[ka:ისიდა]]
[[ko:이시스]]
[[la:Isis]]
[[lt:Izidė]]
[[lv:Izīda]]
[[mk:Изида]]
[[nl:Isis (godin)]]
[[no:Isis]]
[[oc:Isis]]
[[pl:Izyda]]
[[ps:ايسيس]]
[[pt:Ísis]]
[[ro:Isis]]
[[ru:Исида]]
[[scn:Isidi]]
[[sh:Izida]]
[[simple:Isis]]
[[sk:Eset]]
[[sl:Izida]]
[[sr:Изида]]
[[sv:Isis]]
[[th:ไอสิส]]
[[tl:Isis (diyosa)]]
[[tr:İsis (mitoloji)]]
[[uk:Ісіда]]
[[ur:آئسز]]
[[vec:Iside]]
[[vi:Isis]]
[[zh:艾西斯]]
Usuario anónimo