Abrir o menú principal

Cambios

En 1977 entrou no [[Partido dos Socialistas de Galicia]] (PSdeG-PSOE) co cal foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.
 
González Laxe foi candidato ó [[Congreso dos Deputados]] nas eleccións xerais de 1977 e ó senado nas de 1979, sen obter escano en ningunha delas. En 1986 foi designado senador en Madrid por Galicia.
 
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da [[FAO]] sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa [[Comunidade Económica Europea]].
 
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato [[Xerardo Fernández Albor]] formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de [[Xosé Luís Barreiro]], contando ademais, tras o coñecido como [[Pacto dos Tilos]], co apoio de [[Coalición Galega]] e o [[Partido Nacionalista Galego]] cos que formou un goberno de coalición tripartito o [[28 de setembro]] de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de [[Manuel Fraga]], o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
 
En [[1986]] foi designado [[Senado de España|senador]] en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata [[1989]].
 
===Retirada da política activa===