T: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mhr:T (латин тиште)
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{AZ|Latin_alphabet_Tt.png}}
 
O '''T''' ('''te''') é a décimo novena letra do [[alfabeto galego]], e representa o [[fonema]] oclusivo dental xordo. O seu nome en galego é feminino: o te, en plural tes. En galego representa un son consonante obstruente, oclusivo, dental e xordo.
 
== Historia ==
Os hebreos, nas súas inscricións e monumentos epigráficos primitivos, representan por X o signo Thau, equivalente á T dos gregos e latinos. Na inscrición da tumba dos Beni-Hezir a Thau é representada xa pola ת, que subsiste até as inscripcións do chamado hebreo cadrado moderno. No hebreo sinástico, nas variantes cúfica, neski antigo, estranghelo, siríaco-nestoriano e peschito, a Thau reviste unhas formas gráficas as máis diversas e raras, que non gardan ningunha analoxía nin semellanza co proceso natural e corrente da Thau exipcia, fenicia nin hebraica.
O nombre tau hebreo recordaba a idea da cruz, cuxa forma, efectivamente, é a da mesma letra en antigas medallas dos xudeus. O T é de articulación forte, xorda, momentánea ou explosiva, que corresponde á débil ou sonora d, a cal pode ser tamén á vez lingual e dental. A afinidade natural que existe entre as dúas letras explica a recíproca substitución das mesmas. Nalgúns manuscritos se acha ás veces quoT por «quod», hauT por «haud», adque por atque. O tu do latín ten por equivalente o du do alemán, mentres que goTT e Tag desta última lingua formaron god e day en inglés. Os alemáns teñen escrito o seu propio nome nacional sucesivamente Teutsh e Deutsch.
No grego cadmeo o T confúndese co M, pero nas formas eolodórica e ática volve a tomar a figura de T, en todo semellante á latina clásica, medieval, e na propia de todas as linguas neolatinas. O alfabeto etrusco vOlve a ofrecer variedades moi diversas de T (desde o M até x, y, ๅ), e nas súas coetáneas o ibérico e turdetano privan as dúas formas x e M. Na epigrafía latina clásica, o T do alfabeto romano adquire a forma emprega aínda nos casos correntes en todas as linguas neolatinas. Outra forma de empregar o T é por codigos.
 
== Usos ==