A Última Cea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m →‎Cronoloxía: homónimo
Liña 10:
A ''cea'' está considerada pola maioría dos teóricos como un ''[[Séder]]'' (ou ''Cena de Pascua'' xudía), celebrada na noite do [[Xoves Santo]] antes da [[Crucifixión de Xesús|crucifixión]], o [[Venres Santo]]. Esta crenza baséase na cronoloxía dos [[Evanxeo]]s.
 
Pero a cronoloxía do [[Evanxeo de Xoán]] indica que se celebrou antes da [[Pascua cristiá|Pascua]] (Xoán 13:1, 18:28). As referencias no Evanxeo de Xoán que marcan o día da preparación para a Pascua (Xoán 19:14, 31, e 42), tómanse por moitos para indicar que a morte de [[Cristo]] ocorreu no tempo da matanza dos cordeiros da Pascua (esta cronoloxía posterior é a aceptada pola [[igrexa Ortodoxa]]).
Sen embargo, aqueles que sitúan a última cea na tarde do xoves, xeralmente atribúen a Marcos 14:12 e Lucas 22:7 as únicas referencias explícitas nos evanxeos, e que no momento da crucifixión de Cristo é cando se dá a matanza de cordeiros, dando lugar o Día de la Preparación no evanxeo de Xoán como unha posíbel referencia ao Venres de Pascua, durante o cal se realizan as preparacións para o descanso do [[Shabat]].