Manuel Iglesias Corral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: es:Manuel Iglesias Corral
lig int
Liña 4:
Estudou [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde entre 1932 e 1934.
 
Participou na redacción do anteproxecto do [[Estatuto de Galicia de 1936|estatuto de Galicia]], elixido deputado pola [[ORGA]] nas Cortes Republicanas en 1933 e fiscal da República en 1936. Durante o franquismo tivo cargos directivos en empresas privadas e coa recuperación da democracia foi [[Senado de España|senador]] pola [[Candidatura Democrática Galea]] e pola [[UCD]] (1977-1982), foi presidente da UCD de Galicia, deputado no [[Parlamento de Galicia]] por [[Alianza Popular]] (1981-89) e senador de novo, desta vez por [[Alianza Popular]] (1986-1989).
 
Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario. Tamén foi Fiscal Xefe do [[Tribunal Supremo]] e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.