Alcazaba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m arranxiño
Liña 1:
A '''alcazaba''' (do [[lingua árabe|árabe]] qasaba, قصبة, 'cidadela') é unha construción ou recinto fortificado cuxa función é defender un lugar determinado e os seus contornos, albergando unha guarnición que, con frecuencia, conformaba un pequeno barrio militar con vivendas e servizos<ref>VVAA: ''Glossaire - Internationalen Burgen-Institut, Verlag Weidiclich, Frankfurt, 1975, pag.33. Citado por Eslava Galán, op.ref.</ref>. Xeralmente estaban asociadas a un [[Castelo (fortificación)|castelo]] situado nun dos seus extremos, aínda que este era independente da propia alcazaba e do resto da [[cidade]].
 
Alcazaba e castelo eran un sistema defensivo da clase dominante, tanto fronte aos inimigos externos como fronte ás sublevacións internas, asegurándose ademais unha resistencia prologada, mesmo no caso de caída da cidade que protexía<ref>Eslava Galán, Juan: ''Los castillos de Jaén'', Ediciones Osuna, Granada, 1999, ISBN 84-89717-41-9, pag. 409</ref>. No al-Ándalus, entre os [[século VIII|séculos VIII]] e [[Século XV|XV]], construíronse un gran número de alcazabas, como as de [[Alcalá la Real]], [[Almería]], [[Antequera]], [[Badajoz]], [[SelectaGranada, España|Granada]], [[Jaén]], [[Guadix]], [[Loja]], [[Lorca]], [[Málaga]], [[Mérida, España|Mérida]], e moitos outros lugares.
 
==Notas==