Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 33:
No partido perfílanse dous sectores, un partidario de pactar coa esquerda, (PSOE e [[Esquerda Galega]]) un denominado "Goberno de Progreso" e outro que avogaba por dar ao seu apoio á dereita. Houbo unha sesión de investidura o 17 de decembro con dúas votacións negativas. Finalmente acordouse permitir a elección de [[Xerardo Fernández Albor]] como [[Presidente da Xunta]] pero sen entrar no Goberno tal como inicialmente lle fora ofrecido. Albor será finalmente investido o 21 de febreiro de 1986, o seu vicepresidente será Barreiro Rivas. Coalición Galega seguía unida, porén no Parlamento os dous sectores cada volta distáncianse máis.
 
Nas [[eleccións xerais de 1986]] obtén só un deputado ([[Senén Bernárdez]]), o primeiro deputado nacionalista nas Cortes españolas logo da fin da [[Segunda República Española|II República]]. Se as autonómicas foran entendidas como un éxito esperanzador, as xerais foron concibidas como un fracaso tanto maior canto que na campaña se arelaba, sobre a base dos resultados anteriores, acadar Grupo Parlamentario.
 
==División==