Estatuto de autonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os Estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado pero o seu réxime de elaboración e aprobación é diferente do resto de leis orgánicas ou ordinarias. Estas, teñen o rango de [[Lei Orgánica]] e polo tanto, necesitan unha votación favorábel da [[maioría absoluta]] dos membros do [[Congreso dos Deputados]] español.
 
Hai dúas formas de acceder á autonomía, por medio do artigo 143 da Constitución Española, accédese á autonomía "reducida" que foi ideada para as comunidades "non históricas", é dicir, todas aquelas que non aprobaran un Estatuto de Autonomía durante a [[Segunda República Española|II República]].
 
Poden acceder a ela tódalas provincias contiguas que teñan elementos históricos, culturais e territoriais comúns.<br />Tamén se pode formar unha [[comunidade autónoma]], cuando así o exprese o interese xeral, que vén determinado polas Cortes Xerais.