Diferenzas entre revisións de «Sancho Ramírez de Aragón»

lig int
m (r2.7.1) (Bot: Engado: br:Sancho V Navarra)
(lig int)
[[Ficheiro:Sancho Remíriz.jpg|thumb|Sancho I de Aragón]]'''Sancho Ramírez''' rei de [[Reino de Aragón|Aragón]] entre [[1063]]-[[1094]] e de [[Reino de Navarra|Pamplona]] entre [[1076]]-[[1094]]. Coñecido como Sancho I de Aragón e como V de Pamplona.
 
'''Sancho Ramírez''' rei de [[Reino de Aragón|Aragón]] entre [[1063]]-[[1094]] e de [[Reino de Navarra|Pamplona]] entre [[1076]]-[[1094]]. Coñecido como Sancho I de Aragón e como V de Pamplona.
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Ramiro I de Aragón|Ramiro I]] e [[Ermesinda de Foix]]. casou en primeiras nupcias, posíbelmente en 1065, con [[Isabel de Urgel]] da que nacería o futuro rei [[Pedro I de Aragón|Pedro I]].
 
O rei de Navarra, [[Sancho Garcés IV de Navarra|Sancho Garcés]], primo de Sancho Ramírez, foi asasinado polo seu propio irmán Ramón, que nunha partida de caza precipitouno dunha elevada roca. Os navarros, non querendo ser gobernados polo fratricida, elixiron polo seu rei a Sancho Ramírez, o cal incorporou a coroa de Pamplona á de Aragón.
 
En [[1078]] tallou os campos de [[Zaragoza]], construíu a fortaleza de Castellar, máis tarde fixo tributario ao rei musulmán daquela cidade. En [[1083]] apoderouse do castelo de [[Graus, (Huesca)|Graus]], de [[Piedratallada]] e de [[Ayerbe, (Huesca)|Ayerbe]] que mandou repoboar. A conquista do chairo íase asegurando coa construción de castelos que servían de lanzadeira e logo como protección da terra conquistada. Construíu Sancho Ramírez os castelos de [[Castelo de Loarre|Loarre]], Obanos, [[Castelo de Montearagón|Montearagón]], [[Castelo de Artasona|Artasona]], Castiliscar... etc.
 
No ano [[1086]], tido gañado [[Monzón, EspañaHuesca|Monzón]], deu esta praza con título de rei ao seu fillo Don Pedro, que xa o era de [[Sobrarbe]] e [[Condado de Ribagorza|Ribagorza]].
 
Para establecer relacións cordiais con Castela, axudou a Afonso VI na batalla de [[Batalla de Zalaca|Sagrajas]] ([[1086]]) e na defensa de [[Toledo]] ([[1090]]) e, finalmente, concertou un tratado de axuda mutua co [[Rodrigo Díaz de Vivar|O Cid Campeador]] ([[1092]]).