Diferenzas entre revisións de «Píndaro»

m
corrixo homónimo
m (r2.6.4) (Bot: Engado: be-x-old:Піндар)
m (corrixo homónimo)
Temos poucas noticias fiábeis sobre a súa biografía, a pesar das seis ''Vidas'' que nos deixaron autores antigos. Sábese que naceu en [[Cinocéfalo]], [[Beocia]], cara o [[-518|518 a.C.]] e que, segundo a tradición, pertencía a unha familia aristocrática. De feito, na Vª [[Pítica]], el mesmo parece afirmar que procede da liñaxe dos [[exeidas]], polo que a miúdo manifestará nas súas obras unha especial simpatía polas institucións [[dorio|dorias]].
 
Pasou a súa infancia e primeira xuventude en [[Tebas, Exipto|Tebas]] e en [[Atenas]], onde foi discípulo de [[Agatocles]]. Moi xoven aínda, participou nun certame de poesía no que foi vencido pola poetisa [[Corina]] de [[Tanagra]]. Foi ela, nesta ocasión, quen lle aconsellou "sembrar a mans cheas, non a sacos cheos". A primeira [[oda]] pindárica é a Xª Pítica e foi composta cando o autor aínda contaba vinte anos. Pronto se converteu nun afamado poeta. Como tal, percorreu as principais cortes aristocráticas de Grecia: [[Cirene]], [[Siracusa]], etc. Diante da [[Guerras Médicas|invasión dos persas]] adoptou unha actitude de transixencia co inimigo que respostaba á política interesada da súa patria tebana. Nesta cuestión, Píndaro chocou con outro importante poeta, [[Baquílides]], que tomara un punto de vista [[panhelenismo|panhelénico]] e propugnaba a resistencia enconada perante os [[Imperio Persa|persas]], aos que vía como unha ameaza para o conxunto da [[Hélade]]. Píndaro morreu en [[Argos]] entre [[-446|446]] e [[-438|438 aC]].
 
== Obra ==
110.254

edicións