Anticosti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-coor dm +Coordenadas)
Sen resumo de edición
Liña 36:
|}
 
A '''illa de Anticosti''' (''Anticosti Island'' en [[lingua inglesa|inglés]]; ''Île d'Anticosti'' en [[Idioma francés|francés]]) é unha illa rochosa e cuberta por bosques situada no [[Golfo de San Lorenzo]], en [[Quebec]], [[Canadá]]. Cos seus 7.941 km² de superficie, ocupa o posto 90 entre as illas máis grandes do mundo. Polo norte, a illa de Anticosti está separada do Quebec polo [[estreito de Jacques Cartier]] e, polo sur, da [[península de Gaspesia]] polo [[estreito de Honguedo]]. O seu lago máis grande é o [[lago Wickenden]], que alimenta ao [[río Júpiter]].
 
A pesar do seu gran tamaño (217 km de longo e entre 16 e 48 km de ancho), Anticosti está moi escasamente poboada: 264 habitantes en [[1991]], localizados no seu maior parte na aldea de [[Port-Menier]], no extremo occidental da illa. Moitos dos habitantes cumpren tarefas relacionadas coa conservación dos numerosos faros erixidos polo goberno canadense. A costa é perigosa; os máis de 400 naufraxios contabilizados fixeron a Anticosti acredora do sobrenome de "o cemiterio do San Lorenzo". Véxase en: [http://www.mysteriesofcanada.com/Quebec/anticosti_island.htm] Os dous únicos portos son Ellis Bay e Fox Bay.