Gustave Aimard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
crear
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2005 ás 12:47

Gustave Aimard é o pseudónimo de Olivier Groux (París 1818 - 1883) novelista francés
Abandonado ao nacer polos seus pais, de espírito rebelde non acepta á parella que o adopta e aos nove anos escapa da casa e marcha a América do Sur. En 1835 enrólase na mariña real, deserta en 1839 durante unha estadía en Chile, participa nas loitas contra o ditador arxentino Rosas, trasládase posteriormente a Estados Unidos, onde convive cos cheyenes. De volta a Europa en 1847 viaxa por España, Turquía e o Cáucaso. Despois da Revolución de 1848 a súa deserción da Mariña Real quédalle perdoada e pode regresar a Francia. En 1852 volta América, pero en 1854 regresa definitivamente a Francia e comeza a escribir a partir de 1856. As súas experiencias servíronlle para escribir numerosas novelas de oeste que se fixeron moi populares en Francia e Estados Unidos, aínda que tamén é autor de novelas marítimas e patrióticas.
En 1879, apareceu asinado por Gustave Aimard e Jules Berlioz d’Auriac, Jim l’Indien, seguidas de once novelas máis, estas novelas xa apareran antes co nome só de Jules Berlioz d’Auriac, Aimard limítase a asinar as obras sen participar na súa creación. A situación complícase ao se descubrir que as obras de Jules Berlioz d’Auriac son plaxios de obras de escritores norteamericanos poucos coñecidos, en concreto Jim l’Indien Jim l’Indien é unha tradución da obra de Edward Stewart Ellis, Indian Jim. A Tale of the Minnesota Massacre.
As súas obras están cheas de repeticións, con diálogos pouco elaborados e temáticas e personaxes repetitivas, malia iso foron un paso impartante no desenvolvemento da novela de aventuras en Europa


Obras

  • Les Trappeurs de l'Arkansas, 1858
  • Le cherceur de pistes, 1858
  • La fièvre de l'or, 1860
  • Le Guaranis, 1864
  • La guerre sainte en Alsace, 1871
  • Par mer et par terre, 1879
  • Les bandits de l'Arizona, 1882