Sixeberto I de Austrasia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Sixeberto I''' ([[535]] - [[Vitry]], [[575]]) foi un dos fillos de [[Clotario I]] e de [[Ingunda]]. En [[561]], á morte do seu pai, ascendeu ao trono de [[Austrasia]], unha das catro partes en que se dividiu o reino de [[Francia]].
 
Os [[ávaros]], unha feroz tribo [[nómade]] relacionada cos [[hunos]], fixeron incursións que lle obrigaron a mover a súa capital de [[Reims]] a [[Metz]]. Repeleu os seus ataques dúas veces, no [[562]] e o [[568]]. No [[566]] contraeu matrimonio con [[BrunexildaBrunequilda]], filla do rei visigodo [[Atanaxildo]]. No [[567]], a morte do seu irmán [[Cariberto I]] proporcionoulle o reino de [[París]]; ese mesmo ano [[Galswinta]], irmá de BrunexildaBrunequilda e esposa do seu irmán [[Khilperico I]], rei de [[Neustria]], foi asasinada (esganada na súa cama, probabelmente por orde de [[Fredegunda]], amante e futura esposa de Khilperico). Sixeberto decidiu vingar á súa cuñada, comezando así a guerra entre Neustria e Austrasia, que duraría ata [[613]] e sería continuada polos seus sucesores.
 
No [[573]], apoderouse de [[Poitiers]] e da [[Turaine]], pero o seu medio irmán Khilperico, así mesmo, obterá conquistas en [[Aquitania]], apoderándose tamén de Reims durante pouco tempo. Asinaron un acordo, que Khilperico incumpriu, e Sixeberto apoderouse do reino do seu irmán no ano [[575]]. Con todo, inmediatamente logo de asumir a coroa, Sixeberto sería asasinado en [[Vitry]] por dous sicarios ás ordes de Fredegunda. O seu fillo [[Khildeberto II]], de só 5 anos de idade, sucedeuno como rei de Austrasia.