Kat Bjelland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 35:
=== Babes in Toyland ===
A mediados dos 80, Bjelland mudouse de Portland a Minneapolis, onde formou Babes in Toyland. Kat coñeceu a [[Lori Barbero]] nunha barbacoa pouco despois de chegar á cidade, e convenceuna para facerse baterista. Á parella uníuselles a baixista [[Michelle Leon]], e creouse [[Babes in Toyland]]. [[Courtney Love]] tocou o baixo durante unhas semanas, pero foi despedida e regresou á costa oeste.
 
O sinxelo de estrea da banda, "Dust Cake Boy"/"Spit to See the Shine", foi un éxito instatáneo. Despois de xirar por [[Europa]] con [[Sonic Youth]], o grupo gravou o seu abrasivo primeiro álbum, ''[[Spanking Machine]]'', que foi outro éxito. Babes in Toyland acadaría un éxito menor a comezos da década dos 90. Bandas como [[Bikini Kill]], [[Bratmobile]] e [[Sleater-Kinney]] teñen falado do grupo como unha gran influencia, mentres que bandas de mulleres menos políticas como [[Jack Off Jill]], [[7 Year Bitch]] e [[Fluffy]] tamén citaron a Bjelland e a Babes in Toyland como inspiración. A carreira de Babes in Toyland alcanzou o seu máximo de popularidade cando tocaron no festival [[Lollapalooza]] en [[1993]].
 
=== Crunt ===
A principios de [[1993]] Bjelland comezou un proxecto paralelo chamado [[Crunt]], ao lado do seu novo marido Stuart Gray, antigo membro de [[Lubricated Goat]]. Bjelland tocaba o baixo e Gray a guitarra, mentres que Russell Simins, de [[Jon Spencer Blues Explosion]], encargábase da batería. En febreiro de [[1994]] a banda editou o seu álbum de estrea, ''Crunt'', xunto co seu sinxelo "Swine". Durante un tempo díxose que Crunt sunbstituiría a Babes in Toyland como proxecto principal de de Kat, pero o grupo desfaríase cando Bjelland e Gray se divorciaron en xaneiro de [[1995]].
 
=== Katastrophy Wife e proxectos actuais ===
Con Babes in Toyland tocando esporadicamente cara finais dos 90, Bjelland fundou a banda Katastrophy Wife no ano [[2000]]. O grupo xirou por locais de todo o mundo, e ata a data só leva editados dous álbums, ''Amusia'' e ''All Kneel''; ademais do sinxelo "Heart On", lanzado polo selo australiano Rish en abril do [[2007]]. O sinxelo pretendía ser un adianto do seu seguinte disco, ''Pregnant'', aínda que en [[2011]] o traballo aínda non fora editado. Bjelland tamén realizou traballos para bandas sonoras durante este tempo e produxo o álbum ''The Seven Year Itch'' para a banda Angelica, lanzado no ano [[2002]].
 
[[Categoría:Guitarristas|Bjelland, Kat]]