Glicoproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Glükoproteiin
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
=== N-glicosilación ===
As modificacións inclúen engadir ou quitar moléculas de [[azucre]]s específicos atopados nas novas N-glicoproteínas sintetizadas no RER (retículo endoplasmático rugoso). Así, as proteínas N-glicosiladas no RER son adicionalmente remodeladas no [[aparello de Golgi]] debido á presenza nos diferentes compartimentos deste de distintos tipos de proteínas (ancoradas ás súas membranas) que tendo diferentes actividades enzimáticas engaden (glicosiltransferasas) ou quitan (glicosilasas) diferentes tipos de azucres (N-acetilglicosamina, [[ácido Siálicosiálico]], [[glicosa]], [[galactosa]], mucosa, etc…) nos N-oligosacáridos.
 
O procesado completo dos N-oligosacáridos das N-glicoproteínas ocorre de maneira secuencial, durante o seu movemento dende as cisternas da cara ''cis'' ás cisternas da cara ''trans'' do complexo de Golgi.