Ácido siálico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
As glicoproteínas ricas en ácidos siálicos ([[sialoglicoproteína]]s) únense á [[selectina]] en humanos e outros organismos. É frecuente que as células [[metástase|metastáticas]] de [[cáncer]] expesen unha alta densidade de gliccoproteínas ricas en ácidos siálicos. <ref>John G. Collard et al. Cell Surface Sialic Acid and the Invasive and Metastatic Potential of T-Cell Hybridomas [http://cancerres.aacrjournals.org/content/46/7/3521.short Cancer Research]</ref> <ref>. Dennis, C. Waller, R. Timpl, V. Schirrmacher. Surface sialic acid reduces attachment of metastatic tumour cells to collagen type IV and fibronectin. Nature 300, 274 - 276 (18 November 1982); doi:10.1038/300274a0 [http://www.nature.com/nature/journal/v300/n5889/abs/300274a0.html doi:10.1038/300274a0 ]</ref> Isto favorece o paso destas células á circulación sanguínea.
 
As proteínas [[lectina]]s presentes en numerosas especies teñen unha grande afinidade por diferentes azucres, incluídos os ácidos siálicos <ref name=Sharon98>Lis, H. & Sharon, N. (1998). ''Lectins: Carbohydrate-specific proteins that mediate cellular recognition''. Chem. Rev. 98, 637-674.</ref>; e son importantes en moitos procesos patolóxicos <ref>Sharon, N. (1996) ''Carbohydrate-lectin interactions in infectious disease''. Adv. Exp. Med. Biol., 408, 1-8.</ref>. Con frecuencia [[patóxeno]]s como virus e bacterias identifican grazas aos ácidos siálicos certas composicións de azucres específicos <ref name=Sharon98/> que utilizan como dianas na superficie celular para iniciar a infección en determinados tecidos <ref>Imberty, A., Mitchell, E.P. and Wimmerová, M. (2005) ''Structural basis for high affinity glycan recognition by bacterial and fungal lectins''. Curr. Opin. Struct. Biol., 15, 525 - 534.</ref> <ref>Imberty, A. and Varrot, A. (2008) ''Microbial recognition of human cell surface glycoconjugates''. Curr. Opin. Struct. Biol., 18, 567-576.</ref> <ref>Imberty, A., Wimmerova, M., Mitchell, E.P. and Gilboa-Garber, N. (2004) ''Structures of the lectins from Pseudomonas aeruginosa: Insights into molecular basis for host glycan recognition''. Microb. Infect., 6, 222-229.</ref>. <br> As Siglecs, ou ''lectinas de tipo I'' son unha familia de lectinas que recoñecen especificamente o ácido siálico <ref>Crocker, P.R. (2002) ''Siglecs: sialic-acid-binding immunoglobulin-like lectins in cell-cell interactions and signalling''. Curr. Opin. Struct. Biol., 12, 609-615.</ref>. Pertencen á superfamilia das [[inmunoglobulina]]s.
 
Os ácidos siálicos tamén desempeñan un importante papel nas infeccións [[gripe|gripais]] en humanos. Os virus da gripe ([[orthomyxoviridae]]) teñen glicoproteínas con actividade de [[hemaglutinina]] (HA) na súa superficie , que se unen aos ácidos siálicos que se encontran na superficie dos [[eritrocito]]s humanos e nas membranas das células das vías respiratorias superiores. Esta é a base da hemaglutinación cando os virus se mesturan con células sanguíneas, e na entrada dos virus nas células das vías aéreas superiores. Un exemplo que ilustra a importancia dos ácidos siálicos na gripe é que os fármacos antivirais [[zanamivir]] e [[oseltamivir]] son inhibidores da [[neuraminidase]] do virus da gripe, que actúa sobre os ácidos siálicos, que son a diana molecular que permite que o virus se adhira ás células que vai infectar.