Agustín Vega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 4:
Camareiro nunha cafetería, afiliouse á [[UXT]], e en [[1978]] fíxose cargo da secretaría xeral dese [[sindicato]] na [[provincia de Ourense]], cargo que ocupou ata [[1988]]. Nese ano abandona o traballo interno sindical para saltar á area política, ao entrar como concelleiro suplente no pleno municipal de [[Ourense]], en representación do [[PSdeG-PSOE]], no goberno de [[Manuel Veiga Pombo]]. Tamén accede conseguintemente ao cargo de [[deputación de Ourense|deputado provincial]]. Nas [[eleccións Xerais 1989 en España|eleccións xerais de 1989]] encabezou a candidatura ao [[Senado de España|Senado]] do [[PSdeG-PSOE|socialistas]] pola [[provincia de Ourense]], e saíu elixido.
 
Nas [[eleccións Municipais 1991 en Galicia|eleccións locais de 1991]] mudou o concello de Ourense polo de [[Amoeiro]], por onde saíu elixido concelleiro, pero onde non conseguiu a alcaldía. Ao deixar o [[Senado de España|Senado]] concorreu ás [[eleccións ao Parlamento de Galicia 1993]], onde foi elixido parlamentario pola [[provincia de Ourense]], sempre en representación do [[PSdeG-PSOE]]. En [[1995]] deixa a concellería en Amoeiro e en [[1997]] tamén o escano no [[Parlamento de Galicia|Hórreo]].
 
Apartado durante anos da vida política, en [[2011]] presentouse ás [[Eleccións Municipais 2011 en EspañaGalicia|eleccións locais]] ao concello de [[Ourense]] enencabezando representacióna candidatura de [[UPyD]], pero non saíu elixido. Ten unha granxa en [[Amoeiro]] onde se dedica á produción de [[caracol]].
 
{{DEFAULTSORT:Vega, Agustin}}