Folla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.3) (Bot: Engado: sn:Shizha
Lameiro (conversa | contribucións)
negras innecesarias e algunhas correccións
Liña 1:
[[Ficheiro:Folla_Loureiro_014eue.jpg|thumb|Folla de [[loureiro]]]]
En [[botánica]], as '''follas''' son órganos das [[planta]]s especializados na captación de [[luz]] e nos intercambios gasosos coa [[atmosfera terrestre|atmosfera]] para realizar a [[fotosíntese]] e a [[respiración]]. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar ben a área da planta exposta á luz, benou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.
 
[[Especie]]s diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do [[eucalipto]] ou da [[acacia de madeira negra]]). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os [[pétalo]]s das [[flor]]es.
 
Este artigo concéntrase nas folla das [[plantas vasculares]], as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os [[brión (botánica)|brións]], posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.
 
 
[[Ficheiro:Folla_Pexegueiro_006eue.jpg|thumb|Folla do [[pexegueiro]]]]
== Anatomía das follas das plantas vasculares ==
Desde o punto de vista da [[histoloxía]], ou sexa, dos [[tecido (bioloxía)|tecidos]]s e outras formacións da folla, este órgano está formado por:
* '''[[epiderme]]''' e[[Ficheiro:Folla_Cidrra_010eue.jpg|thumb|Folla de [[cidra]]]]
* '''[[mesófilo]]'''
 
 
A '''epiderme''' é unha camada de [[célula]]s transparentes moitas veces recuberta por unha [[cutícula]] dun material semellante á [[cera]] que reduce a perda de auga por [[transpiración]]; nas plantas de [[clima]]s [[árido]]s, a cutícula pode ser tan espesa que dá ás follas unha consistencia [[coriáceo|coriácea]].
 
Os intercambios gasosos entre a folla e o [[ambiente|medio ambiente]] son efectuados principalmente por medio de pequenos orificios na epiderme chamados '''[[estoma]]s''', formados por dúas células en forma de [[feixón]], e que poden controlar a abertura, por exemplo para reducir a transpiración. Os estomas son xeralmente máis numerosos na parte inferior da folla.
[[Ficheiro:Folla Roseira 004eue.jpg|thumb|Folla de [[roseira]]]]
Moitas plantas presentan na epiderme (non só das follas, senón tamén do [[talo]] ou das [[flor]]es) apéndices formados por [[tricoma]]s, ou sexa "cabelos" que poden ser uni- ou [[multicelular]]es e poden ter orixe non só na epiderme, senón tamén noutros tecidos da folla. O conxunto destes apéndices chámase '''indumento'''. Algunhas destas estruturas poden ter funcións especiais como, por exemplo, a produción de [[composto químico|compostos químicos]] que poden servir para protexer a planta contra os [[animal|animais]] ou para os atraer e, por exemplo, facilitar a [[polinización]]).
 
O interior da folla - '''[[mesófilo]]''' - está formado por [[parénquima]], un tecido de células semellantes e moi permeables que posúen normalmente gran cantidade de [[cloroplasto]]s. Neste caso o tecido pasa a chamarse '''[[clorénquima]]'''. A función principal deste tecido é realizar a [[fotosíntese]] e producir as substancias [[nutrición|nutritivas]] que permiten a vida da planta. Pero este tecido pode tamén posuír células especializadas na reserva de auga ou outros fluídos -'''follas carnudas'carnosas''-, como as das [[crasulácea]]s.
 
O mesófilo pode estar formado por dous tipos diferentes de parénquima:
* o '''tecido en estacada''', formado por células alongadas e dispostas transversalmente á superficie da folla, para lle dar consistencia; e
* o '''tecido esponxoso''', formado por células máis redondeadas.
As canles dos estomas atravesan a ''estacada'' e terminan no tecido esponxoso.
 
A cor das follas pode variar, de acordo cos [[pigmento]]s existentes nas súas células. Estas diferentes coloracións poden ser características da propia especie ou variedade, pero tamén poden estar causadas por un [[virus]] ou por deficiencias nutritivas. Nos climas [[temperado]]s e [[boreal|boreais]], as follas de moitas especies poden mudar de coloración coas estacións do ano e caer -'''follas caducas'''- na época en que existe menos luz e na que a temperatura é baixa; a planta sen follas pasará o [[inverno]] nun estado de [[metabolismo]] reducido, alimentándose das reservas nutritivas que tivese acumulado.
 
No interior das follas das [[plantas vasculares]] existen ademais '''[[nervuranerviación]]s''' onde se encontran as canles por onde circula a [[saiba]], os '''tecidos vasculares''', o '''[[xilema]]''' e o '''[[floema]]'''.
 
== Forma das follas das plantas vasculares ==
A forma das follas é xeralmente característica das [[especie]]s e axuda na súa identificación. As formas típicas de folla das [[plantas vasculares]] son:
* '''redondeada'''
* '''oval''' ou '''ovalada''', cando a parte máis estreita se encontra preto do [[pecíolo]] ou da [[vaíña]];
* '''lanceolada''', en forma de [[lanza]];
* '''acicular''', en forma de agulla;
* '''alongada''', como as follas das [[gramínea]]s.
 
A forma da marxe tamén mostra algunhas variantes:
* '''lisa''';
* '''dentada''' (como as follas das [[rosarosales|roseiras]];
* '''difusa''' (como raspada)
* '''lobada''' (dividida en lobos);
* '''fendida''' (como as follas da [[sobreira]]; ou
* '''partida''' (a división do limbo chega ata ao nervuranervio central).
 
A [[limbo foliar|lámina]] das follas tamén pode encontrarse dividida en [[folíolosfolíolo]]s, [[pina]]spinas ou [[pínnula]]spínnulas iguais (follas '''compostas'''), como son os casos das [[fronde]]s (follaxe das [[Palmeira (botánica)|palmeiras]] e dos [[fento]]s). Nestes casos, o [[eixo]] da folla, ou sexa, ao [[nervuranervio]] central pode ser máis grosagroso, formando un [[raque]].
 
As follas compostas tamén poden ser '''[[palmiformes]]''', cando as pinas saen todas do mesmo [[pecíolo]] (como na [[mandioca]]).
 
== Formas de inserción das follas das plantas vasculares ==
Segundo a súa inserción no [[talo]], as follas poden ser:
* '''alternas''';
* '''opostas''' (dúas follas saíndo do mesmo [[nó (botánica)|nó]]);
* '''verticiladas''' (varias follas saíndo do mesmo nó ou [[verticilo]]);
* en '''roseta''' (varias follas saíndo da extremidade dun talo).
 
== Adaptacións especiais das follas ==
Algunhas [[planta]]s, coma os [[cactos]], teñen as follas transformadas en [[espiños]]espiñas. Nestes casos son os [[talo]]s, carnudos e chatos, os que exercen a función [[fotosíntese|fotosintética]].
 
As follas dos talos subterráneos (as da [[cebola]], por exemplo) poden estar transformadas en órganos de reserva de [[nutriente]]s.