Parede celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 88:
{{AP|Parede celular bacteriana}}
 
A parede celular bacteriana está feita de [[peptidoglicano]] (tamén denominado [[mureína]]), que está formado por cadenas de [[polisacárido]] (formadas por unidades alternadas de [[n-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico]]) entrecruzadas por [[péptido]]s inusuais que conteñen [[aminoácido]]s D.<ref>{{Cita publicación| autor= van Heijenoort J | título= Formation of the glycan chains in the synthesis of bacterial peptidoglycan | url=http://glycob.oxfordjournals.org/cgi/content/full/11/3/25R | revista= Glycobiology | volumen= 11 | número= 3 | páxinas= 25R – 36R | ano= 2001 | id = PMID 11320055}}</ref> As paredes celulares bacterianas son diferentes das paredes de plantas e fungos, feitas de [[celulosa]] e [[quitina]], respectivamente.<ref name=Koch>{{Cita publicación| autor= Koch A | título= Bacterial wall as target for attack: past, present, and future research | url=http://cmr.asm.org/cgi/content/full/16/4/673?view=long&pmid=14557293 | revista= Clin Microbiol Rev | volume= 16 | número= 4 | páxinas= 673 – 87 | ano= 2003 | id = PMID 14557293}}</ref> Tamén son diferentes das paredes de [[Archaea]], que non conteñen peptidoglicano. A parede celular é esencial para a supervivencia de moitas bacterias e o [[antibiótico]] penicilina pode matar as bacterias inhibindo un paso na síntese do peptidoglicano.<ref name=Koch/>
 
Existen dous tipos distintos de parede celular nas bacterias, denominadas [[Gram-positiva]] e [[Gram-negativa]], respectivamente. Os nomes proveñen da súa reacción á [[tinguidura de Gram]], unha proba extensamente empregada na clasificación das especies bacterianas <ref name=Gram>{{Cita publicación| apelido= Gram | nome= HC | enlaceautor= Hans Christian Gram | ano= 1884 | título= Über die isolierte Färbung der Schizomyceten in Schnitt- und Trockenpräparaten | revista= Fortschr. Med. | volume= 2 | páxinas= 185–189 }}</ref>.