Gallia Cisalpina: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: eo:Gallia Cisalpina)
Sen resumo de edición
[[Ficheiro:Map Gallia Tribes Towns.png|thumb|Mapa de Galia e a Galia Cisalpina ó leste]]
A '''Gallia Cisalpina''' (isto é, a [[Galia]] desta parte dos [[Alpes]]) é denominada tamén por algúns autores como '''Galia itálica''', ou aínda '''Gallia citerior''' ou '''Gallia togata'''. Conformábana todas as terras do norte dos ríos ''Arnus'' ([[río Arno|Arno]]) e ''Rubico'' ([[río Rubicón|Rubicón]]), na actual [[Italia]]. O [[rio Po]] transcorre por este territorio de [[leste|oriente]] a [[oeste|occidente]] trazando unha divisoria xeográfica natural. Naquela época a divisoria do río era moi importante, pois existía unha gran diferenza entre os habitantes dunha beira e da outra. As xentes ao sur do río estaban moi romanizadas e moitas mesmo tiñan os mesmos dereitos que os romanos. No norte do río, as xentes e as cidades eran máis [[celtas]] que romanas. No [[século I]] só as cidades de [[Aquilea]] e [[Cremona]] tiñan dereitos latinos; mesmo falaban outras xirias e só tiñan o [[lingua latina|latín]] como segunda lingua.
En xeral, a ''Galica Cisalpina'' non participaba case nos asuntos romanos e non gozaba das vantaxes dos aliados itálicos. Nin sequera se recrutaban os seus habitantes para a infantería romana.
408.484

edicións