Eduardo Olano Gurriarán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
completo
lig int
Liña 6:
O [[11 de abril]] de [[1973]] o [[Ministerio do Interior de España|ministro da Gobernación]] noméao presidente da [[Deputación de Ourense]], en substitución de [[David Ferrer Garrido|David Ferrer]]. Naquela altura, o cargo de presidente da Deputación levaba aparellado os cargos de [[procurador en Cortes]] e de presidente da [[Caixa de Aforros Provincial de Ourense]], cargos que ocupa ata [[1974]], cando foi destituído da Caixa como consecuencia dun escándalo financeiro. Asemade foi destituído tamén da presidencia da deputación e conseguintemente do escano de procurador, todos os tres por [[Luís Álvarez Rodríguez]].
 
Durante a [[Transición española|transición]] preséntase ás [[Eleccións Xerais 1977 en España|eleccións constituíntes]] de [[1977]] á fronte do [[Partido Popular Galego]], pero non consegue saír elixido [[Congreso dos deputados|deputado]]. Logo ingresa no [[PDP]] co que resulta elixido senador en representación da coalición [[AP]]-[[PDP]] nas [[Eleccións Xerais 1982 en España]], repetindo nas de [[Eleccións Xerais 1986 en España|1986]] pola [[Coalición Popular]]. En [[1988]] abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda [[Enrique Marfany]] e [[Julio Ulloa Vence]]. En [[1990]] foi nomeado delegado provincial da [[Consellería de Agricultura|Consellería de Agricultura, Gandería e Montes]] en [[Ourense]], no primeiro goberno de [[Manuel Fraga]].
 
Na actualidade está xubilado, e ten estudado o [[teixedal de Casaio]], o maior [[teixo|teixedal]] de Galicia, que está situado no concello de [[Carballeda de Valdeorras]].