Diccionario gallego-castellano (1884): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m categoría máis específica
+ dato
Liña 2:
O '''Diccionario gallego-castellano''' é un [[dicionario bilingüe]] [[lingua galega|galego]] [[lingua castelá|castelán]] de 10.600 voces coas definicións en castelán, elaborado por [[Marcial Valladares Núñez]] e publicado en [[1884]] en [[Santiago de Compostela]].
 
Comezou a papeletizar en [[1850]] e rematou en [[1869]]. Valladares continuou recollendo léxico con posterioridade á publicación do seu ''Diccionario'' e consérvanse cinco apéndices: un asinado en 1886, tresdous sen data e, un quinto"Nuevo suplemento al Diccionario Gallego-Castellano" de 1896<ref>[[1902Marcial Valladares Núñez|Valladares Núñez, M.]]: ''Maxina''. Edición de [[Anxo Tarrío]], [[Margarita Neira]] e [[Blanca Rodríguez-Rechou]]. Ed. Xerais, 1991. ISBN 84-7507-566-5. Páxina 50.</ref>, e un "Nuevo Apéndice al Diccionario Gallego-Castellano" en 1902. A partir de todo isto, [[Antón Santamarina]] inclúe un total de 16.082 voces no seu ''Diccionario de diccionarios'' <ref>Antón Santamarina: ''Diccionario de diccionarios'' (versión 3, 2003).</ref>
 
== Elaboración ==
Para a elaboración do seu [[dicionario]], Valladares tomou como base os [[diccionario gallego-castellano (1863)|dicionarios]] de [[Francisco Javier Rodríguez]] e o de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro]], pero mentres estes non incluían léxico común co castelán, Valladares comezou a introducilo por primeira vez nun dicionario galego, aínda que en grao mínimo, tamén lle engadiu voces procedentes do sur da [[provincia da Coruña]] e do norte de [[provincia de Pontevedra|Pontevedra]] así como tamén outras tomadas de escritores contemporáneos<ref>Antón Santamarina ''Norma e estándar'' en Henrique Monteagudo (ed). ''Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto''. Galaxia, 1995, páxina 82</ref>, á vez que toma o castelán como o modelo para o galego<ref>Así escribe no prólogo ao ''Diccionario gallego-castelán'': ''Si cualquier patán del campo viese en un diccionario gallego, al lado de las voces, ó palabras de su dialecto, único que conoce, equivalencias castellanas que la gente instruída usa, procuraría naturalmente irse familiarizando con estas y, corridos años, el habla gallega se habría perfeccionado mucho''.</ref>. A diferenza do resto dos dicionarios galegos distingue ortograficamente as vogais medias abertas e pechadas<ref>Ricardo Carballo Calero ''Gramática elemental del gallego común''. Galaxia, 6ª ed., 1976, páxina 39</ref>.
 
== Notas ==
{{referencias}}
<references/>
 
[[Categoría:Dicionarios bilingües galegos]]