Calcaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos, e repetidas
Liña 2:
 
==Características==
Dependendo da súa composición vai ter unhas características diferentes, que modifican (a veces sensibelmente) a cor e o grao de coherencia da rocha. Mais é practicamente unha rocha monomineral, que se comercializa case sempre como [[mármore]] (unha [[rocha metamórfica]]), tende estes maior pureza de CaCO3 (carbonato cálcico). A calcaria, a excepción do mármore, reacciona en presenza do [[ácido clorhídrico]], ou doutros ácidos tamén, como o carbónico (CO2). A propia [[sedimentación]] da calcaria leva consigo un ambiente xeolóxico determinado, onde se achan cavidades enchidas con [[fósil]]es, [[petróleo]]; mais resiste ben á [[meteorización]], sendo un material de construción como, por exemplo, as en pé [[pirámides de Exipto|pirámides exipcias]]; ou pódense ollar nas paveras [[estalactita]]s e [[estalagmita]]s. Hai paisaxes que reciben o nome de kársticas (do alemán [[Karst]], que é unha xermanización do [[topónimo]] [[esloveno]] ''kras''), como poder ser a [[irlanda|irlandesa]] [[An Bhoireann]], de específica estética. Na industria, a calcaria úsase para obter [[cemento (construción)|cemento]], sendo un elemento esencial deste, actualmente sendo este o seu principal emprego, mais antigamente, cando o [[cemento (construción)]] non existía, utilizábase para fabricar morteiros de cal, co que se cobren as paredes. Ten máis usos á parte dos citados, como na industria farmacéutica, peleteira, metalurxia, fabricación de vidro, en Galiza para a corrección do [[pH]] do solo na [[agricultura]], ou producir [[xiz]].
 
Encóntrase dentro da clasificación de recursos naturais (RN) entre os recursos non renovábeis (minerais) e dentro desta clasificación, nos non metálicos, como o [[salitre]], o [[pedra de xeso|xeso]] e o [[xofre]].
 
==Orixe==
A calcita constitúe aproximadamente un 10% do volume total de tódalas rochas sedimentarias, sendo a principal fonte de calcita na rocha os [[organismoser vivo|organismos]]s mariños ([[cuncha]]s e [[arrecife]]s de coral), que abundan en mares cálidos pouco profundos de rexións tropicais.
 
A calcita pode ser ou disolta ou precipitada por auga subterránea, dependendo de varios factores incluíndo a temperatura da auga, o [[pH]], e a concentración de [[ión]]s disoltos.
 
A calcita amosa unha inusual característica chamada [[solubilidade]] retrógrada pola cal pasa a ser menos soluble en auga a medida que a temperatura aumenta.
Liña 24:
 
== Usos da calcaria ==
É unha pedra importante como reservorio de [[petróleo]], pola súa porosidade. Ten unha gran resistencia á [[meteorización]]; permitindo que moitas esculturas e edificios da antigüidade tallados en calcaria chegaran até hoxe. Non obstante, a acción da auga da [[chuvia]] e dos ríos (especialmente cando se encontra acidulada polo [[ácido carbónico]]) provoca a súa disolución, creando un tipo de meteorización característica denominada [[Karst|kárstica]]. Aínda así, algunhas calcarias utilízanse na construción de enrochamentos para obras marítimas e portuarias como rompeolas, espigóns, escolleiras entre outras [[estrutura]]sestruturas de estabilización e protección.
 
A pedra calcaria é un compoñente importante do [[cemento (construción)|cemento]] gris usado nas construcións modernas e tamén pode ser usada como compoñente principal, xunto con áridos, para fabricar o [[morteiro de cal]], pasta graxa para creación de [[estuco]]s ou leitadas para as superficies. Emprégase na industria do [[vidro]] e da [[metalurxia]].
 
Tamén ten outros usos, como na industria farmacéutica, peleteira, corrección do [[pH]] do solo na [[agricultura]].
 
== Véxase tamén ==