Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición vandálica 1911090 de 77.27.251.19 (conversa)
m arranxos
Liña 6:
Na [[Galiza]] [[medieval]], os '''irmandiños''' eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos [[señor]]es.
 
No [[século XIV]] entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de [[Pedro I de Castela|Pedro I "o Cruel"]] e [[Henrique II]]. Eran os [[Osorio]] en [[Lemos]] e [[Sarria]], os [[AndradeCasa (apelido)de Andrade|Andrade]] en [[Pontedeume]], os [[Sarmiento]], os [[Ulloa]]s, os [[Sotomaior]] ... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no [[século XV]]. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase “Irmandade Fusquenlla”, e a segunda, “Grande guerra Irmandiña”.
 
As primeiras irmandades formáronse contra o [[bispo]] [[Diego Xelmírez]], contra quen se levantaron varias veces os [[burguesía|burgueses]] e parte do clero de [[Santiago de Compostela|Compostela]] ([[1116]] e [[1140]]).
Liña 12:
==Irmandade Fusquenlla==
{{AP|Irmandade Fusquenlla}}
A '''Irmandade Fusquenlla''' formouse no ano [[1431]] nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que [[Nuno Freire de Andrade]], ''o Mao'']], trataba osaos seus vasalos, empeorada con motivo da visita do infante Henrique de Aragón a Galicia para o que botou man dun tributo especial. A revolta iniciouse nas comarcas de [[Pontedeume]] e [[Betanzos]] e chegou a espallarse por [[Lugo]] e [[Mondoñedo]] e a derrubar algunha fortaleza nobiliar, como o [[Castelo de Andrade|castelo dos Andrade]] na vila de [[Pontedeume]].
 
As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de [[Castela]] e o arcebispo de [[Santiago]]. [[Roi Xordo]], un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.