Candeán, Vigo: Diferenzas entre revisións

parroquia civil do concello de Vigo
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2005 ás 17:53

San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo.

  • Limita cas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestazgo de Vigo-Lavadores.
  • Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e 4.699 veciños (2003)
  • As súas entidades de poboazón son as seguintes: Besada (17), Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485) e O Salgueiro (65).
  • Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
  • Monumentos:

Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petroglifos e dolmens. Existen restos dunha vella construcción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no 1887. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros", o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta. O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.

Lugares da parroquia de Candeán no concello de Vigo (Pontevedra)

Candeán de Abaixo | Candeán de Arriba | A Costeira | A Devesa | Ermide | A Fonte Barca | A Fonte Escura | Freiría | Goleta | A Igrexa | A Lagoa | A Madroa | Monte Pequeno | Pedra Longa | A Poba | A Rabadeira | O Salgueiro | Vesada | Xunco Mariño