Espírito Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
=== Teoloxía contemporánea ===
Son moitos e moi importantes os teólogos contemporáneos que estudaron a crenza no Espírito; no eido do protestantismo evanxélico salienta [[Jürgen Moltmann]] que concibe ao Espírito Santo como o Espírito da vida real do home concreto aberto a acción de Deus pola fe en Xesucristo.Para él o si total e sen reservas á vida e e o amor total e sen reservas a todo o que vive son as primeiras experiencias do Espírito de Deus. Dende o ámbito ortodoxo, salienta [[PaulPavl EudokimovEvdokimov]] que ve no Espírito o impulsor das idades da vida espiritual do crente que ten o seu comezo na humildade. Dende a teoloxía católica, debe mencionarse a [[Yves Congar]] que ve nel a forza que dinamiza toda a existencia cristiá e, en canto Persoa, é o Visitante que arela o corazón baleiro do home.[[Karl Rahner]] chegou a desenvolver unha teoría da acción do Espírito noutras relixións e mesmo nos non crentes, os cristiáns anónimos. A visión da teoloxía contemporánea, se cadra pode resumirse nestas palabras de [[Hans Urs von Balthasar]]: ''O máis íntimo de Deus ¿non é o Amor?, polo tanto ¿non está presente o Espírito onde iso máis íntimo acontece?''
 
== Acción do Espírito ==