Iceberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: nah:Cetepetl
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: nah:Cetepētl; cambios estética
Liña 3:
Un '''iceberg''' ou '''témpano de xeo''' é unha illa de [[xeo]] procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas [[correntes mariñas]] frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de [[Grenlandia]]. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a [[navegación]], xa que poden acadar dimensións enormes.
 
== Orixe ==
O xeo que forma os icebergs está formado por auga salgada ao contrario do que se poida pensar, xa que aínda que o sal se usa como anticonxelante, simplemente é un retardador da conxelacion e fai que a auga se conxele a uns -1 graos centígrados (por iso se esparexe nas estradas). Aínda que o sal sexa un bo retardador da conxelación en terra, non serve de nada contra os -20 graos centígrados que se dan no [[Ártico]] e o [[Antártico]]. Os icebergs proceden dos [[glaciar]]es que chegan á costa e rompen en grandes bloques que son despois arrastrados polas correntes, a miúdo ata latitudes bastante baixas. Un exemplo coñecido é o afundimento do [[RMS Titanic|Titanic]], que se produciu ao colidir cun iceberg cando xa se atopaba preto das costas de Nova Inglaterra, debido a que a Corrente do Labrador adoita arrastralos ata as latitudes dos Bancos de Terranova e mesmo máis ó sur, ata o punto de encontro coa Corrente do Golfo. Se se observa nun mapa o límite sur dos xeos flotantes no Atlántico Norte, pódese comprobar que presenta unha prolongación cara ao sur paralela a América do Norte e outra cara ao norte xunto ás costas europeas. En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.
 
Estas illas de xeo existen grazas a unha '''propiedade notable da auga''': na súa forma sólida, ten menor densidade que en estado líquido. Se non fose este o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non nas súas superficies.
 
Tamén o xeo é unha '''excepción''' no mundo dos [[elemento químico|elementos]], e débese a que a [[molécula]] da [[auga]] (H2O), está [[polarización|'''polarizada''']] eléctricamente (o [[átomo]] de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] atrae máis aos electróns que os átomos de [[hidróxeno]]) o que impón ao xeo unha estrutura [[cristal|cristalina]]ina (polo xogo da atracción e da repulsión eléctrica). o que provoca que teña menos [[densidade]] que se fose un [[sólido]] amorfo.
 
O afundimento máis famoso debido a unha colisión cun iceberg foi a destrución do [[RMS Titanic|Titanic]] o [[14 de abril]] de [[1912]].
 
== Etimoloxía ==
Este termo é unha palabra de orixe [[linguas xermánicas|xermánica]] composta, na que ''ice'' significa '''xeo''' (en [[inglés]]) e ''berg'' significa '''montaña''' (aínda é así en [[alemán]], pero xa non en [[inglés]]). Un iceberg é polo tanto unha '''montaña de xeo'''. Aínda que o primeiro formante varía a súa forma escrita nas distintas linguas xermánicas (''eis'' en alemán, ''ijs'' en holandés ou ''ice'' en inglés), a súa pronuncia sempre é /ais/: polo tanto, a forma escrita [[normativa]] en galego procede do [[:wikt:en:iceberg|inglés]] e conserva esta pronuncia.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Glaciar]]
* [[Corrente mariña]]
* [[Meseta de xeo]]
* [[Inlandse]]
* [[Campo de xeo]]
* [[Banquisa]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Iceberg}}
* [http://www.avistadegoogle.com/88/15/Iceberg Iceberg Google maps, Xeorxia do sur]
 
[[Categoría:Oceanografía]]
 
Liña 65 ⟶ 66:
[[mr:हिमनग]]
[[ms:Aisberg]]
[[nah:CetepetlCetepētl]]
[[nds:Iesbarg]]
[[nl:IJsberg]]