Bautismo anticipado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: o bautismo anticipado na ponte da Ramallosa (Nigrán)
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos
Liña 10:
Chegada a hora, convidaban ó primeiro home ou muller que se achegara a se-lo [[padriño]] ou [[madriña]] neste particular bautizo: "''¡Home / muller de boa ventura, bautízame esta criatura!''". [[Antón Fraguas Fraguas|Fraguas]] recolleu unha variante na que se lle pedía "''enxéndrame esta criatura''", entendendo aquí por ''enxendrar'' a rexeneración por medio da auga bautismal.
 
A invitación debía ser voluntaria, sen forzar nin obrigar a ninguén, pero se non aceptaba, non se lle permitía o paso. Cando un viandante aceptaba o encargo, o cal era o habitual por ser tido como unha obra de caridade, achegábase el só ata a muller, ó medio da ponte, e co cubo que esta lle entregaba, collía un pouco de auga do río. Logo verquía a auga sobre o ventre da muller, directamente ou, ás veces, cun hisopo feito dunha póla de [[oliveira]], á vez que recitaba as mesmas palabras que pronunciaría o [[sacerdote|crego]] nun bautizo normal: "''No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo''", pero coidando de non rematar, nin el nin ninguén, coa palabra "''Amén''" pois, se o fixera, o neno non nacería.
 
[[Eliseo Alonso]] recolle unha fórmula máis completa:
Liña 34:
* Ponte da Fillaboa, en [[Salvaterra de Miño]], sobre o Tea.
* Varias pontes sobre o [[río Caselas|Caselas]], en [[Salceda de Caselas|Salceda]].
* Ponte de [[Mourentán, Arbo|Mourentán]], en Arbo, sobre o [[río Deva, Paradanta|Deva]].
* Ponte de [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]], en Pontevedra, sobre o [[río Verdugo|Verdugo]].
* Ponte dos Padriños (ou de Ponte Arnelas), sobre o [[río Umia|Umia]], que une as parroquias de [[Leiro, Ribadumia|Leiro]] (Ribadumia) e [[Baión, Vilanova de Arousa|Baión]] (Vilanova de Arousa).