Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 79:
O recoñecemento aéreo por debaixo das nubes realizado pola Fleet Air Arm da [[Royal Navy]] o [[22 de maio]] comprobou que o ''Bismarck'' saira de Bergen. Con esta información a frota de combate da [[Home Fleet]], incluidos o acoirazado ''[[HMS King George V]]'' e o portaavións ''[[Victorious (portaavión)|Victorious]]'', fíxose á mar. Ao Escuadrón de Acoirazados, xa de camiño cara [[Islandia]], ordeóuselle cubrir o estreito de Dinamarca. Unha misión de bombardeo realizada o [[22 de maio]] pola [[Royal Air Force|RAF]] foi infructuosa, xa que os alemáns xa marcharan.
 
Na tarde do [[23 de maio]], a forza alemá foi detectada polos cruceiros pesados ''HMS Suffolk'' e ''Norfolk'', que estiveran patrullando o estreito de Dinamarca na espera dunha ruptura alemá. O ''Norfolk'', que se achegara demasiado aos barcos alemáns, foi atacado brevemente polos canóns pesados do ''Bismarck''. O ''Norfolk'' estivo a piques de quedar fora de combate cando un proxectil do ''Bismarck'' rebotou na auga e golpeou a ponte, pero non chegou a estoupar e non causou víctima algunha. Os cruceiros británicos, superados en capacidade de fogo polos alemáns, retiráronse a unha distancia segura e agocháronse do inimigo mentres chegaban as súas unidades máis pesadas. Porén, o rádar frontal do ''Bismarck'' comezou a fallar debido ao retroceso dos disparos dos seus canósn durante a escaramuza, polo que Lütjens víuse na obriga de ordearordenar ao ''Prinz Eugen'' que se adiantase para que o seu rádar lle proporcionase covertura ao escuadrón. Esta decisión confundiu posteriormente aos británicos sobre a identidade dos barcos alemáns, xa que as súas siluetas eran semellantes.
 
=== Batalla do Estreito de Dinamarca ===