Diferenzas entre revisións de «Lingua»

sen resumo de edición
Unha '''lingua''' é un sistema de [[signo]]s [[lingüística|lingüísticos]] incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a [[comunicación]] entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos [[Dupla articulación da linguaxe|dobremente articulados]], é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, [[morfema]]s, [[lexema]]s, [[monema]]s, formando os [[enunciado]]s, e logo o das unidades distintivas de sentido (os [[fonema]]s), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: [[fonoloxía]], [[morfoloxía]] e [[sintaxe]]. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).
 
Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a [[linguaxe]] (facultade humana posta en acción por meiomedio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras [[Ferdinand de Saussure]], a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).
 
==Niveis e rexistros de lingua==
 
==Conflito lingüístico==
 
Denomínase '''conflito lingüístico''' á tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Unha situación de conflito non permanece estable por tempo indefinido, senón que tende a resolverse por unha das seguintes vías:
 
* A ''substitución lingüística''. Este proceso consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. O proceso conta con tres fases: monolingüismo na lingua propia; bilingüismo social, é dicir, uso diglósico da lingua propia e a lingua importada, tendo esta última os usos máis prestixiosos; por último, abandono da lingua propia, asimilándose completamente á lingua importada.
 
* ''Normalización lingüística''. Este proceso consiste na recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e lingüístico, que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que teña un desenvolvemento normal como medio de comunicación dentro da súa propia comunidade de falantes.
 
 
==Lingua minoritarias==
'''Lingua minoritaria''' é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes nun deteminadodeterminado territorio. Non confundir con [[Lingua#Lingua minorizada|lingua minorizada]].
 
'''Lingua minoritaria''' é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes nun deteminado territorio. Non confundir con [[Lingua#Lingua minorizada|lingua minorizada]].
 
==Linguas minorizadas==
 
'''Lingua minorizada''' é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.
 
===Graos de vitalidade===
 
A vitalidade das linguas minorizadas presenta distintos graos:
 
 
===Tipos de linguas minorizadas===
Se temos en conta o estatusstatus atopamos tres tipos de linguas minorizadas ou non normalizadas:
 
Se temos en conta o estatus atopamos tres tipos de linguas minorizadas ou non normalizadas:
 
* As linguas de pequenos estados independentes, por exemplo, o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] en [[Irlanda do Norte]].
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[lingua corsa|corso]], o [[lingua sarda|sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[Lingua bretoa|bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluirincluír aquí o das comunidades lingüísticas fronterizasfronteirizas coma [[Alsacia-Lorena|Alsacia e Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[Val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).
 
==Linguas oficiais, nacionais e internacionais==
 
O termo '''lingua oficial''' indica o estatusstatus de determinada lingua como instrumento de relación entre o estado e os seus cidadáns. O estatusstatus de oficial non é inamovible, xa que está espostoexposto a flutuacións segundo varíen as circunstancias sociopolíticas.
 
'''Lingua nacional''' é aquela usada e creada por un pobo ao longo da súa historia. Non hai relación unívoca entre as dúas categorías, xa que a lingua oficial non sempre é a nacional (como ocorre co [[Lingua francesa|francés]] no [[Líbano]]), e a lingua nacional non sempre é a oficial (o [[lingua retorrománica|romanche]] en [[Suíza]]).
* Os ''pidgin''. Trátase de variedades do sabir máis elaboradas, con total coherencia gramatical e usada en calquera contexto comunicacional.
* Os ''crioulos''. Denominación que recibe un pidgin cando se converte en lingua principal dunha colectividade e incluso soporte dunha cultura escrita. Así ocorreu co crioulo das [[Antillas]] (mestura do [[Lingua francesa|francés]] e linguas africanas) e co crioulo de [[Cabo Verde]] (cruce dos falares nativos co [[Lingua portuguesa|portugués]]).
* As ''linguas artificiais''. Creacións de laboratorio realizadas por lingüistas como propostas de lingua universal para substituirensubstituír as linguas nacionais. Entres as múltiples linguas artificiais aparecidas desde o [[século XIX]] destaca, pola difusión alcanzada, o [[esperanto]].
 
==Véxase tamén==
{{wikiquote}}
===ArtigosOutros relacionadosartigos===
* [[Linguas do mundo]].
 
* [[Linguas do mundo]] | [[Linguas en perigo de extinción]].
* [[Interferencia lingüística]].
 
[[Categoría:Linguas do mundo]]
[[Categoría:Lingüística]]
 
[[es:Lengua (lingüística)]]
[[pt:Línguas]]
[[ro:Limbă]]
[[sl:Jezik]]
[[zh-tw:語言]]
[[es:Lengua (lingüística)]]
191.958

edicións