Axencia Mundial Antidopaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
corrixir ligazón
Liña 5:
 
== Historia ==
Como consecuencia do [[caso Festina]], o primeiro grande escándalo que sacudía o mundo do ciclismo coa revelación dunha dopaxe a grande escala, o [[Comité Olímpico Internacional]] decidiu convocar unha xuntanza de todos os estamentos deportivo para pórlle fin ao mal da dopaxe. Esta conferencia internacional desenvolveuse en [[Lausanne]] entre o [[2 de febreiro|2]] e o [[4 de febreiro]] de [[1999]] e tivo como consecuencia escrita a ''Declaración de Lausanne sobre a dopaxe no deporte''. Esta declaración tivo efecto con carácter inmediato e deu lugar á creación dunha axencia internacional contra a dopaxe que debía estar operativa para os [[Xogos Olímpicos de 2000|Xogos Olímpicos de Sydney 2000]].
 
En [[2001]], a AMA decidiu mudar as súas oficinas principais a [[Montreal]], que foron inauguradas en [[2002]].