Lavadores, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Fonte:Biblio. En uso.
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
As súas entidades de poboación son A Bagunda (2.806), Barreiro (1.399), A Bouciña (1.897), A Ceboleira (3.007), Cordeira (291), Curros (313), Gandariña (367), Gandarón (41), Naia (529), Pardavila (3.700), O Piñeiro (313), Sabaxáns (755), San Paio de Abaixo (572), Subride (328) e Vilar (349). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades son Areeiro, Brea, Cambeses, Caride, Coutada Nova, O Couto, Folón, Fontáns, Medeiros, Pateira, Porvelo, Riomao, O Rosal Florido, Roteas, Sobreiro e O Tixolo.
 
Segundo o traballo do filólogo [[Iván Sestay Martínez]], ''Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores'', a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou subaldeas.
==Historia==
Nos seus altos consérvanse esteos de varios dolmens en mal estado, así como achados soltos de machados de cuarzo paleolíticas.