Ácido graxo esencial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 58:
'''Depresión'''. Diversas investigacións suxiren que un consumo elevado de peixe e ácidos graxos omega-3 está asociado coa diminución dos casos de depresión. As concentracións baixas de [[ácido 5-hidroxiindolacético]] no cerebro están asociadas coa depresión e suicidio, e este ácido sintetízase nunha [[vía metabólica]] que empeza con ácidos omega-3 como o docosahexaenoico. <ref name=pmid15777365>{{cite journal |author=Rees AM, Austin MP, Parker G |title=Role of omega-3 fatty acids as a treatment for depression in the perinatal period |journal=The Australian and New Zealand Journal of Psychiatry |volume=39 |issue=4 |pages=274–80 |year=2005 |month=April |pmid=15777365 |doi=10.1111/j.1440-1614.2005.01565.x}}</ref>
 
Hai grandes concentracións de ácido docosahexaenoico nas membranas [[sinapse|sinápticas]] do cerebro. Isto é fundamental para a a transmisión sináptica e a fluidez das membranas. A proporción correcta entre os ácidos graxos omega-6 e omega-3 é importante para evitar desequilibrios na fluidez da membrana. Dita fluidez afecta ao funcionamento de encimas como a [[adenilato ciclase]] e canles iónicas como as do [[calcio]], [[potasio]], e [[sodio]], o que á súa vez afecta ao número e funcionamento dos receptores, e aos niveis do [[neurotransmisor]] [[serotonina]]. Como as dietas dos países occidentais son deficientes en omega-3 e excesivas en omega-6, equilibrar esta proporción sería beneficiosabeneficioso para a saúde.<ref>{{cite journal |author=Logan AC |title=Omega-3 fatty acids and major depression: a primer for the mental health professional |journal=Lipids in Health and Disease |volume=3 |issue= 1|pages=25 |year=2004 |month=November |pmid=15535884 |pmc=533861 |doi=10.1186/1476-511X-3-25}}</ref>
 
Investigacións clínicas suxiren que o tratamento da depresión con ácidos graxos omega-3 é beneficioso durante o período do embarazo.<ref name=pmid15777365/> Unha metaanálise de ensaios con suplementos de ácido eicosapentaenoico como tratamento para a depresión en mulleres non embarazadas concluíu que os suplementos con máis do 60% dese ácido son efectivos, pero os que conteñen principalmente ácido docosahexaenoico, ou menos do 60% de ácido eicosapentaenoico, non o eran. <ref>PMID 21939614 Meta-analysis of the effects of eicosapentaenoic acid (EPA) in clinical trials in depression, 2011</ref>