Porto de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:바르셀로나 항구
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 1:
[[Ficheiro:Port Vell, Barcelona, Spain - Jan 2007.jpg|300px|thumb|Port Vell.]]O '''porto de Barcelona''' é o [[Porto (comunicacións)|porto]] marítimo, industrial, comercial e pesqueiro da cidade de [[Barcelona]], situado entre a nova desembocadura do [[río Llobregat]] e o barrio da [[Barceloneta]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Puerto BCN grabado francés XVIII.jpg|thumb|Gravado do porto de Barcelona. [[Século XVIII]].]]
O porto de Barcelona naceu á vez que a cidade de [[Barcelona]] como un porto natural situado nunha praia que estaba entre unha pequena península que formaba a montaña de [[Montjuïc]], e a antiga desembocadura do [[río Llobregat]]. Este era o único punto minimamente resgardado que podían utilizar os antigos navegantes en moitos quilómetros de costa.
 
Co paso dos séculos, a cidade e o seu porto foron gañando importancia, ata converterse na capital marítima dos reis de [[Aragón]]. A pesar diso o porto mantívose ao sur da montaña de Montjuïc ata que no ano [[1378]] as autoridades da cidade pediron ao [[Pedro IV de Aragón]] que continuase as obras portuarias que empezou o [[Pedro III de Aragón]], o cal ordenara a edificación das [[Atarazanas Reais de Barcelona]], que aínda hoxe en día seguen en pé formando en [[Museo Marítimo de Barcelona]], e a construción dun porto ao norte da montaña de Montjuïc, debido a que o antigo emprazamento perdera calado pola acumulación de areas.
 
O permiso para construír o novo porto artificial enfronte da cidade chegou o [[8 de decembro]] de [[1438]], por orde de [[Afonso V de Aragón|Afonso V o Magnánimo]]. Desgraciadamente unha década despois os temporais esnaquizaran todos os traballos realizados, e non foi ata o [[1477]], baixo reinado de [[Xoán II de Aragón]], que se colocou o que seria a primeira pedra do porto definitivo.
 
Uniuse a antiga [[illa de Maians]] con terra firme mediante un espigón. Coas sucesivas ampliacións do porto, e a acumulación de area, a illa quedou unida a terra formando os terreos onde hoxe se asenta o barrio da Barceloneta.
 
== Características ==
Liña 5 ⟶ 15:
 
O porto divídese en porto comercial, porto cidadán (''Port Vell''), porto enerxético e porto loxístico. Cada unha destas actividades dispoñen dun espazo propio e separado das outras, con instalacións e persoal especializado. Conta en total cunha superfície terrestre de 829,9 ha{{Cómpre referencia}}, e ten máis de 20 quilómetros de peirao.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.portdebarcelona.es/ Sitio web do Porto de Barcelona] {{ca}}
 
[[Categoría:Portos|Barcelona]]