José Raúl Capablanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:호세 라울 카파블랑카
m corrixo homónimo
Liña 32:
No seu primeiro encontro internacional, enfrontou ao mestre norteamericano [[Eugene Delmar]], a quen lle gañou todas as partidas, a pesar de terlle outorgado vantaxe de [[peón (xadrez)|peón]] e saída.
 
Entre fins de [[1908]] e [[1909]] participou nunha prolongada xira estadounidense; dun total de 734 partidas, gañou 703, fixo táboas en 19 e só perdeu 12. En [[1909]], á idade de 20 anos, Capablanca gañou un encontro ao campión estadounidense [[Frank Marshall]] ( +8 -1 =14). Foi a insistencia de Marshall o que permitiu que se lle deixase participar ao mozo Capablanca no torneo de [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]], (España[[País Vasco - Euskal Herria|País Vasco]]) en [[1911]]. Esta era unha das competicións máis importantes da época; todos os grandes xogadores do planeta estarían presentes excepto o entón campión mundial Emanuel Lasker. Ao comezo do torneo [[Ossip Bernstein]] e [[Aaron Nimzowitsch]] obxectaron a presenza do invitado, pois este non gañara aínda ningún dos grandes torneos. Con todo, despois de que Capablanca gañase o seu primeiro xogo contra Bernstein (nunha partida que lle outorgaría o premio á brillantez)<ref>[http://www.chessgames.com/perl/chessgame?gid=1264025]</ref>, este recoñeceu o seu talento. Tras un movemento durante un xogo na variedade de [[xadrez rápido]], Nimzowitsch ofendeuse por mor dun comentario de Capablanca, polo que Capablanca o retou a enfrontalo nunha serie de xogos rápidos, os cales gañou facilmente. Capablanca terminou gañando o campionato (novamente fronte a Nimzowitsch), usando unha apertura moi admirada por [[Mikhail Botvinnik]]<ref>[http://www.chessgames.com/perl/chessgame?gid=1102350]</ref>, con balance de +6 -1 =7, diante de [[Akiba Rubinstein]], [[Carl Schlechter]] e [[Siegbert Tarrasch]].
 
En [[1911]] retou a Lasker polo campionato do mundo. O alemán aceptou o desafío pero propuxo 17 condicións para o cruzamento. Capablanca non estivo de acordo con algunhas e non chegaron a un acordo. En [[1913]] xogou na Habana e terminou segundo detrás de Frank Marshall, perdendo unha das partidas contra o norteamericano logo de ter unha posición vantaxosa<ref>[http://www.chessgames.com/perl/chessgame?gid=1001096]</ref>. Inmediatamente logo disto Capablanca obtivo un resultado de +13 -0 =0 nun torneo en [[Nova York]], aínda que [[Oldrich Duras]] era o único [[Gran Mestre Internacional]] entre os seus rivais.