Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

m
→‎Historia: Completada a historia.
m (→‎Historia: +info)
m (→‎Historia: Completada a historia.)
A idea de crear na [[Coruña]] unha escola universitaria de [[informática]] comezou a tomar corpo entre [[1983]] e [[1985]], promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco [[Alfredo Bermúdez de Castro]], por entón vicerreitor na [[Universidade de Santiago de Compostela]], conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en [[Galicia]]. Esta reunión, que se celebrou co apoio da [[Deputación da Coruña]] no [[pazo de Mariñán]], deixou sentadas as bases da carreira.
 
En [[1985]] o reitor da [[USC]], [[Carlos Pajares Vales]], nomeou ó profesor [[José Luís Freire Nistal]] comisionado do proxecto e en [[1986]] creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña baixo a súa dirección. Desde o inicio das reunións participaron activamente distintas figuras académicas e profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a [[Miguel Rodríguez Rubio]] e a [[Sebastián Bamonde Rodríguez]], que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo Consello de Universidades: a diplomaturaDiplomatura en informáticaInformática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.
 
A Escola comezou a súa andadura en [[1986]] nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a [[Escola de Aparelladores]], onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.
 
En [[1989]], durante o mandato do profesor [[Antonio Blanco Ferro]] -primeiro director electo do Centro- conseguiuse a aprobación do segundo ciclo de estudos en informática e sentáronse as bases para o financiamento dun edificio: era a etapa da fundación da [[Universidade da Coruña]] sendo o primeiro reitor [[José Antonio Portero Molina]].
Pouco a pouco foron mellorando as dotacións e chegou a Facultade e as primeiras promocións de licenciados. Fundouse a [[Universidade da Coruña]] e, por fin, se construíu o actual edificio, que se inaugurou en [[1993]]. En [[1994]] chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.
 
En [[1990]] créase a Facultade de Informática coa implantación da Licenciatura en Informática, e o reitor [[José Luis Meilán Gil]] nomea como decano comisionado a José Luís Freire Nistal. No ano [[1993]] inaugurouse o actual edificio e en [[1994]] chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.
A implantación do [[Espazo Europeo de Educación Superior]] determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado.
 
A implantación do [[Espazo Europeo de Educación Superior]] determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade [[José María Barja Pérez]] e que comeza coa implantación do Mestrado en Informática en [[2006]], transformándose no Mestrado Universitario en Enxeñería de Sistemas Informáticos en [[2009]], e culmina coa implantación do título de Grado en Enxeñería Informática un ano máis tarde.
 
==Titulacións==
104

edicións