Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

m
m (→‎Equipo decanal: Engado a lista de directores.)
m (→‎Historia: +info)
A idea de crear na [[Coruña]] unha escola universitaria de [[informática]] comezou a tomar corpo entre [[1983]] e [[1985]], promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco [[Alfredo Bermúdez de Castro]], por entón vicerreitor na [[Universidade de Santiago de Compostela]], conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en [[Galicia]]. Esta reunión, que se celebrou co apoio da [[Deputación da Coruña]] no [[pazo de Mariñán]], deixou sentadas as bases da carreira.
 
En 1986[[1985]] ao Universidadereitor deda Santiago[[USC]], creou[[Carlos Pajares Vales]], nomeou ó profesor [[José Luís Freire Nistal]] comisionado do proxecto e en [[1986]] creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña, comobaixo primeiroa pasosúa paradirección. aDesde creacióno dunhainicio facultade,das ereunións nelaparticiparon integráronseactivamente importantesdistintas figuras académicas e algúns profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a [[Miguel Rodríguez Rubio]] e a [[Sebastián Bamonde Rodríguez]], que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo conselloConsello de universidadesUniversidades: a diplomatura en informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.
 
A Escola comezou a súa andadura en [[1986]] nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a [[Escola de Aparelladores]], onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.
 
Pouco a pouco foron mellorando as dotacións e chegou a Facultade e as primeiras promocións de licenciados. Fundouse a [[Universidade da Coruña]] e, por fin, se construíu o actual edificio, que se inaugurou en [[1993]]. En [[1994]] chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.
104

edicións