Diferenzas entre revisións de «Vickers Wellington»

m
sen resumo de edición
m (amplío de en.wiki)
m
}}
 
O '''Vickers Wellington''' foi un bombardeiro medio británico da [[Segunda Guerra Mundial]]. Foi o mellor bombardeiro bimotor da [[Royal Air Force|RAF]] durante a guerra, e soportou o peso dos bombardeos nocturnos ata a chegada dos catrimotores, como o [[Avro Lancaster]]. O Wellington continuou actuando durante toda a guerra realizando outras tarefas, sobre todo como avión anti-submarino. Deseñouse a partir dunha especificación de [[1932]] e entraría en servizo en [[1938]], sendo o único bombardeiro británico que foi producido durante todo o conflito.
 
O Wellington foi popularmente coñecido como ''Wimpy'' polos membros da [[Royal Air Force|RAF]], pola personaxe J. Wellington Wimpy das historias de [[Popeye]]. O Wellington bautizado como "B for Bertie" foi protagonista da película de [[1942]] ''One of Our Aircraft Is Missing''. Este foi un dos dous bombardeiros aos que lle deu nome Arthur Wellesley, 1º duque de Wellington, sendo o outro o [[Vickers Wellesley]].
 
[[Categoría:Bombardeiros británicos da Segunda Guerra Mundial]]
63.042

edicións