Diferenzas entre revisións de «Indalecio Prieto»

=== A Segunda República ===
 
Proclamada a [[Segunda República Española]] o [[14 de abril]] de [[1931]], Prieto foi nomeado ministro de Facenda do Goberno provisional presidido por [[Niceto Alcalá-Zamora]], e participou nos primeiros gabinetes da República, ocupando as carteiras de Facenda entre abril e decembro de [[1931]], e Obras Públicas ata setembro de [[1933]], sendo Xefe de Estado Alcalá-Zamora e Xefe do Goberno [[Manuel Azaña]].
 
Como ministro de Facenda asinou a entrega da Casa de Campo ó Concello de [[Madrid]] para uso e lecer dos veciños da vila, e tivo que facer fronte ás repercusións da crise internacional na economía española, manténdose nunha estrita ortodoxia liberal. Malia todo afrontou a oposición dos empresarios, que desconfiaban del, e a do [[Banco de España]], que se resistía a unha maior intervención do Estado neste organismo.
197.875

edicións