Diferenzas entre revisións de «Indalecio Prieto»

(+ cat)
Este é un período marcado pola [[Primeira Guerra Mundial]], na que [[España]] se mantivo neutral, o que reportou grandes beneficios á industria e ó comercio españois. Pero estes beneficios non se viron reflectidos nos salarios dos obreiros, polo que se foi xestando unha grande axitación social, que culminou o [[13 de agosto]] de [[1917]] co comezo dunha folga xeral revolucionaria que, ante o temor da repetición en España dos [[Revolución rusa de 1917|feitos acaecidos]] en [[Rusia]] por esas datas, é reprimida duramente mediante a intervención do exército e a detención en [[Madrid]] do comité de folga. Prieto, involucrado como estaba na organización desta folga, foxe a Francia antes de ser detido e xa non voltaría ata abril de [[1918]], despois de ser elixido deputado.
 
Moi crítico coa actuación do goberno e do exército na [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]], tivo frases moi duras nas Cortes con motivo do chamado [[Desastre de Annual]] de [[1921]], así como sobre a máis que probable, aínda que non probada, responsabilidade do rei [[Alfonso XIII]] na imprudente actuación militar do xeneral [[Fernández Silvestre]] nas operacións da zona da comandancia de [[Melilla]].
 
=== Dirixente do PSOE ===
197.875

edicións