Amado Garra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Xas (conversa | contribucións)
algúns datos máis
Liña 1:
'''Amando Garra Castellanzuelo''', nado en [[Ponteareas]] en [[1874]] e finado na mesma vila en setembro de [[1948]], foi un avogado e político galego.
 
==Traxectoria==
Liña 6:
Tamén xogou un papel importante no relanzamento republicano en Ponteareas, Vigo e [[Ourense]], onde fundou e financiou ''[[Orense Nuevo]]'' (1910). En 1911 encabezou unha escisión do republicanismo vigués que se incorporou á Conxunción Republicano-Socialista. En 1914, Garra participou activamente nas eleccións defendendo, como avogado e propagandista, as candidaturas agrarias. Nestes anos animou á constitución da Federación Agraria Provincial de Pontevedra, foi obxecto de diversas molestias por parte de autoridades e caciques, chegando a ser encarcerado en [[1917]] no movemento represivo que desencadeou a folga xeral revolucionaria. En [[1918]] participou, como representante republicano, nos actos da Semana Vermella, conmemorativos do aniversario do triunfo bolxevique na Revolución Rusa. [[Castelao]] invitouno en 1919 para colaborar no número extraordinario de ''[[El Sol]]'' e a esquerda de [[Redondela]] presentouno como candidato ás Cortes. Pero en [[1919]], cando presidiu o V Congreso Agrario Provincial, empezou a ser superado pola súa esquerda, ao ancorarse na defensa do antiforismo que avogaba pola redención de foros fronte á súa abolición, e iniciou unha viraxe cara ao galeguismo e ao obreirismo moderado.
 
Foi concelleiro en Vigo en [[1922]]. Amigo de [[Fernando de los Ríos]], directivo do ateneo de Vigo, seguiu sendo unha figura destacada da política e, despois da [[ditadura de Primo de Rivera]], reapareceu como presidente do [[Partido Republicano de Vigo]]. Formou parte da Candidatura de Selección Republicana ás [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións de 1931]]. O [[18 de decembro]] de [[1931]] foi elixido alcalde de Vigo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/12/17/0003_7401409.htm Las mujeres se cruzan de brazos]</ref> e dimitiu en decembro de [[1932]]. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de [[1936]], logo do trunfo da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]]. Militou en [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]], pero deuse de baixa en marzo de 1936. Despois da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] volveu exercer como avogado.
 
{{Sucesión