Galo Salinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: engado categoría
m →‎Traxectoria: engado dato e nota
Liña 6:
 
En [[1903]] pasou a dirixir a [[Escola Rexional de Declamación]], fundada recentemente por un grupo de rapaces liderado por [[Eduardo Sánchez Miño]]. De feito, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ''¡Filla...!'' (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con [[Manuel Lugrís Freire]] propiciaron que Salinas abandonara a dirección da Escola Rexional de Declamación en [[1904]].
 
Foi a primeira persoa que ocupou o cargo de arquiveiro/bibliotecario da [[Real Academia Galega]] desde o 4 de setembro de [[1905]] ata o 30 de xuño de [[1907]]<ref>[http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNonNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=20853&card=DES_CARD&initial=S&letter=18&startIndex=1&count=100 Ficha de Galo Salinas na web da RAG]</ref>.
 
Prolífero escritor dramático, a el debémoslle o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, ''Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo'' (1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato.