Amado Garra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Elisardojm (conversa | contribucións)
bolchevique>bolxevique
Liña 4:
Foi unha das figuras máis destacadas do primeiro agrarismo galego, vinculado dende os seus primeiros anos públicos ao republicanismo histórico pontevedrés e aos líderes dos inicios do agrarismo. O seu nome comezou a soar como propagandista agrario a principios do século XX, en 1903 ''[[El Grito del Pueblo]]'' informou de que interviría como orador no mitin republicano da súa vila natal. En [[1907]] era xa un dos guías máis coñecidos do agrarismo pontevedrés. Partidario de [[Solidaridad Gallega]], fundou e dirixiu o periódico ''[[El Tea]]'' de Ponteareas. Instalou o seu bufete en [[Vigo]] e interveu activamente nas asembleas agrarias, organizou gran número de sindicatos e sociedades agrarias de base parroquial e alcanzou gran notoriedade como orador e propagandista insubstituíble no redencionismo antiforal que coordinaba o [[Directorio de Teis]].
 
Tamén xogou un papel importante no relanzamento republicano en Ponteareas, Vigo e [[Ourense]], onde fundou e financiou ''[[Orense Nuevo]]'' (1910). En 1911 encabezou unha escisión do republicanismo vigués que se incorporou á Conxunción Republicano-Socialista. En 1914, Garra participou activamente nas eleccións defendendo, como avogado e propagandista, as candidaturas agrarias. Nestes anos animou á constitución da Federación Agraria Provincial de Pontevedra, foi obxecto de diversas molestias por parte de autoridades e caciques, chegando a ser encarcerado en [[1917]] no movemento represivo que desencadeou a folga xeral revolucionaria. En [[1918]] participou, como representante republicano, nos actos da Semana Vermella, conmemorativos do aniversario do triunfo bolcheviquebolxevique na Revolución Rusa. [[Castelao]] invitouno en 1919 para colaborar no número extraordinario de ''[[El Sol]]'' e a esquerda de [[Redondela]] presentouno como candidato ás Cortes. Pero en [[1919]], cando presidiu o V Congreso Agrario Provincial, empezou a ser superado pola súa esquerda, ao ancorarse na defensa do antiforismo que avogaba pola redención de foros fronte á súa abolición, e iniciou unha viraxe cara ao galeguismo e ao obreirismo moderado.
 
Amigo de [[Fernando de los Ríos]], directivo do ateneo de Vigo, seguiu sendo unha figura destacada da política e, despois da [[ditadura de Primo de Rivera]], reapareceu como presidente do [[Partido Republicano de Vigo]]. Pero xogou un escaso papel na [[Segunda República Española|II República]] e mesmo desapareceu do escenario público.