Canuto o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 4:
Foi proclamado rei en Londres,facéndose soberano de [[Inglaterra]], contra a que seu pai [[Sven I de Dinamarca|Sven]] dirixira unha expedición nas súas guerras contra os anglosaxóns. Casado con Enma, a viúva do monarca anglosaxón [[Etelredo II o Indeciso|Etelredo II]], por influencia desta convértese ao [[cristianismo]] e reedifica igrexas e mosteiros destruídos polos viquingos. Eríxese tamén en defensor dos desvalidos. Repartiu terras entre o seu séquito e establece novos ducados.
 
Trala morte do seu irmán [[Haroldo Harefoot|Harold]], é proclamado rei de Dinamarca. No ano [[1027]] viaxou a [[Roma]] para asistir á coroación do Emperador [[Conrado II]]. Alí chegou a un acordo co Papa [[Bieito VIII, Papa|Bieito VIII]], quen lle garantiu a seguridade dos peregrinos e lle concedeu unha diminución dos gravames sobre a xerarquía eclesiástica anglosaxoa.
 
En [[1028]] conquista [[Noruega]] e domina boa parte de [[Suecia]], sendo coñecido como defensor de [[Irlanda]].