Glicóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
# '''Glicotransferasa de oligo 1,4 ------1,4''': Walker e Whelan xa sospeitaban a presenza deste enzima como [[contaminación|contaminante]] nos preparados de glicosidasa de 1,6 amilo. En diversas [[análise]]s efectuadas obtivéronse resultados que ata a data surxiren que a acción da fosforilasa sobre as cadeas terminais detense a catro unidades de glicosilo de distancia dun punto de ramificación. Nesta etapa, a maior parte das cadeas externas "desprendidas" da molécula parecen formadas por catro unidades α-1,4-glicosilo, a partir dun punto de ramificación. Crese que a glicotransferasa pasa tres destas unidades ó extremo doutra cadea; por conseguinte, a fosforilasa pode volver actuar sobre a cadea, xa máis longa, e o enzima de desramificación pode atacar o enlace 1,6 no punto de ramificación.
# '''Alfa amilasas''': Olivarría e Torres (1962) demostraron que a alfa-amilase do fígado podía atacar o glicóxeno mediante produción de [[oligosacárido]]s de cadea recta, como maltotriosa e maltotetrosa, a partir das ramas externas do glicóxeno; ou mediante liberación de sacáridos ramificados e de maltosa, dende o interior da molécula. Existen varias maltases para transformar estes produtos en glicosa. Porén, todavía se descoñece a importancia da vía alfa-amilasa-oligosacárido maltasa no catabolismo do glicóxeno.
# '''Glicóxeno de lisosomas''': os [[lisosomas]] posúen un conxunto de enzimas capaces de hidrolizar practicamente calquera compoñente do [[citoplasma]] que contén entre outras fosfatase ácida, RNAase, DNAase, [[catepsina]], beta-glicoronidasaglicuronidasa, sulfatasa de arilo, beta-N-acetilglicosaminidasa, beta-galactosidasa e alfa-1,4 (glicosidasa). A función deste último enzima no metabolismo celular normal non se coñece todavía, pero a falta de maltase ácida nos lisosomas na [[enfermidade de Pompe]] ten como consecuencia o almacenamento de glicóxeno en acúmulos limitados por membranas.
 
== Fisiopatoloxías do metabolismo do glicóxeno ==