Glicocálix: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Glicocálix''' ou '''glicocáliz''' son termos xenéricos que designan o material [[polímero|polimérico]] extracelular (maiormente [[glicoproteína]]s), que se encontra cubrindo a superficie de moitas células animais, principalmente [[epitelio|epiteliais]] e dalgunhas [[bacteria]]s. O termo foi inicialmente aplicado á matriz [[polisacárido|polisacarídica]] excretada polas células epiteliais, que formaba unha cuberta sobre a superficie do tecido. Por fóra da [[membrana plasmática]] as células animais teñen unha cuberta borrosa, o glicocálix, formada por residuos de carbohidratos que sobresaen dos [[glicolípido]]s e glicoproteínas da parte externa da membrana plasmática. O conxunto destes residuos é quimicamente único en cada persoa (só coinciden en xemelgos idénticos). Por esa razón o glicocálix é un tipo de identificación que o corpo usa para distinguir entre células propias e transplantadas ou transfundidas, entre células sas e enfermas, e para recoñecer microorganismos invasores. O glicocálix tamén contén moléculas de adhesión celular que permiten ás células adherirse unhas a outras e guiar o movemento das células durante o desenvolvemento embrionario.<ref>Saladin, Kenneth. "Anatomy & Physiology: The unity of form and function." McGraw Hill. 5th Edition. 2010. p. 94-95</ref> Diversos estudos demostraron que o glicocálix do [[endotelio]] capilar intervén en diversas funcións do sistema vascular.<ref>Reitsma, Sietze. "The endothelial glycocalyx: composition, functions, and visualization." European Journal of Physiology. 2007. Vol. 454. Num. 3. p. 345-359</ref>